Venres. 19.04.2024
El tiempo

Especial Domingo Antonio de Andrade (II): O ceense e o Barroco en Galicia        

Especial Domingo Antonio de Andrade (II): O ceense e o Barroco en Galicia        

Domingo Antonio de Andrade, unha das grandes figuras do barroco no noroeste español, naceu na vila de Cee no ano 1639 nun contexto sociopolítico complexo na Península Ibérica, incidindo nel a conflictividade derivada da política da Coroa, que terá que facer frente a diferentes problemas, sendo moi destacables a Guerra con Portugal (1640-1668) e a sublevación de Cataluña (1640-1652).

En contraposición con esta situación, a cultura do Barroco, vivirá os seus mellores anos deixando magníficas obras que enriquecen o noso patrimonio histórico-artístico. Neste contexto, Galicia presenta características propias, xa que o tempo do barroco vai a coincidir cun período de expansión demográfica e tamén, aínda que en menor medida, económica.

No eido demográfico, a partir de 1630 experiméntase na Galicia atlántica a revolución do millo e grazas á boa aclimatación deste cereal chegado de América, as despensas e hórreos dos labradores están máis cheas e menos sometidas ás crises demográficas.

A chegada do millo á nosa comarca, hacia 1630-40, xunto cun longo ciclo climático positivo para os cultivos, tivo como consecuencia un aumento considerable da poboación e relacionado con este a posta en cultivo de novas terras, tal e como se deduce polas escrituras de foros. As características principais do traballo da terra na nosa área sitúanse a medio camiño entre os modelos agrarios da Galicia do sur e da Galicia interior. O normal é que nas agras roten os cereais de inverno (trigo e centeo), as forraxeiras (nabos) e o cereal de primavera (millo), que desde a súa chegada foi sustituíndo ao millo miúdo, de pouca presenza no sistema agrario, para chegar a convertirse no cereal predominante, dados os seus elevados rendementos, ata o punto de desprazar ao trigo, que durante séculos fora o cultivo dominante.

A bonanza das colleitas ten a súa repercusión directa no aumento da población, como xa apuntamos, que duplicará efectivos a nivel xeral, se ben o aumento é moito máis importante nas comarcas do litoral. No caso das terras fisterráns, o período expansivo abarcaría aproximadamente desde a década de 1630 ata a crise de 1709-10 (curiosamente coincide co período vital de Domingo Antonio de Andrade).

Por outra parte, os excedentes agrarios quedan principalmente nas mans dunha minoría constituída polo clero, a nobreza e a fidalguía, que a través do aforamento da propiedade vai ver como medra a súa capacidade económica, promocionando a construcción de obras nas súas casas e colaborando tamén en edificios propiamente eclesiásticos.

A partir de mediados do século XVII terá lugar unha intensa labor construtiva por toda Galicia, destacando especialmente a cidade de Santiago. Afectará a todo o relacionado co mundo relixioso pero tamén ó civil. Asistimos a diferentes reformas nas catedrais, pero tamén nos conventos, mosteiros, igrexas parroquiais, pazos, edificios públicos…

proxecto para o baldaquino do altar maior das catedral realizado por Vega e Verdugo no seu Informe dos anos 1656-57
Proxecto para o baldaquino do altar maior das catedral realizado
por Vega e Verdugo no seu Informe dos anos 1656-57

Proxecto para o baldaquino do altar maior das catedral realizado por Vega e Verdugo no seu Informe dos anos 1656-57Paralelamente ó esplendor arquitectónico teríamos o relacionado coa imaxinería relixiosa e os retablos, pinturas… e incluso a pratería se suma ó novo espírito de renovación que invade a todas as artes.

A renovación da catedral de Santiago supón a consolidación das formas barrocas en Galicia. O coéngo José Vega e Verdugo plantexa no ano 1657 unha remodelación da basílica coa pretensión de mellorar a imaxe da súa capela maior insistindo na promoción do culto ó Apóstolo. Pero non se preocupa só polo interior do edificio; tamén se interesa polas fachadas da Quintana e Obradoiro.

Formado con Vega e Verdugo e con Peña de Toro, Domingo Antonio de Andrade pode ser considerado como un dos pais do barroco en Galicia. Desde moi cedo asume importantes tarefas nas obras da catedral, incluíndo a realización do Baldaquino, anos antes do seu nomeamento co Mestre de Obras da mesma, tanto de carpintería como de cantería. Desde 1676 será o encargado de proxectar, dirixir e controlar todas as obras da catedral e propiedades capitulares, supervisar o traballo do aparellador, oficiais e aprendices asalariados, organizar o aparato das festas do Apóstolo e tasar os materiais necesarios para as obras.

  • Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).

Especial Domingo Antonio de Andrade

Novas relacionadas

Outras novas

As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos

A gran crise europea

Especial Guerra da Independencia

As terras fisterrás no século XVIII

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos

As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación

Que pasou na Costa na época moderna

A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI

Que pasou na Costa

Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia

Fonte

Comentarios