Martes. 01.12.2020
El tiempo

Aguilhome

Naceu da mediatriz da bisectriz dunha meretriz un lobishome na herba cun lunar azul na pata da palma da man esquerda, tiña os pelos branco-marfilosos e os ollos azuis-verdosos.

Entre Sol e Lúa discurría unha dualidade coa que sufría sen axuda nen cercanía daqueles aos que quería, egos alonxados dunha comprensión que para as súas divisións pedían. Tantos mundos virtuais e tantas verbas desiguais oía e veía que vinculou a oscuridade a súa dualidade.

Nos días de obrigada saída andaba cunha gorra raída tapando os ollos coa visera caída, fóra dun avó de corpo ausente que continuaba a ser a súa forza presente. Camiñaba perseguindo ao Sol do vran guiado polos reflexos dos raios no chan ata que daba cun recuncho perdido onde sentado sobre unha pedra evaporaba da súa pel o olvido.

Cando a lúa o chamaba corría desfogando a súa alma e encaramado ao Peñón ouveaba entre ás lágrimas da mar brava, e coa ulúa surxían medusas del, desdoblándose da súa pel, que danzando coa volatilidade dos soños seus, abrian craros nas nubes dos ceos. Dor urticante que se reviraba coa rosa dos ventos, sumerxindo nos mares da lúa a historia dos seus profundos lamentos; pois era que era que che era traslúcido cando a lúa chea era.

No acantilado da loucura do concepto incomprendido caeu patas arriba sobre as pedras do olvido; foi nunha noite de tormenta en pleno inverno na que se elevou do Peñón aloxándonse do seu inferno, xirando nun tornado gravitacional mezclou a sal co polvo sideral, e desta forma naufragou na lúa un lobishome sen sentido que se tirara ao vacio por estar falto de contido.

Mollando a pata da palma da man en cada mar vagabundeou na cara oculta da pel luar ata que rendido de cansancio e frío voltou mirando a Terra dormido menguando o seu latexo con cada xiro. Abandonou a sombra ao lobishome dormente e o balanceo da lúa crecente iluminou no amencer ardente un pico que antes fora dente, ao fin espertou e do susto mil plumas arrancou, dando un brinco tan forte perdeu a lúa e o norte caendo cun batido de ás sen ton nin son entre medusas que mudaban en dentes de león.

Na cova abismal da tristura axeonllara a dor visceral entregando corpo e alma a loucura e atopando na Terra sen buscala a única cura. Era que era que che era un duende que a terra coidara sen deixalo naufragar, pois a tristura estivo a punto de afundir no olvido ao home por querer amar. Voltou o duende a desaparecer e o home a deixarse ver, mais nunca ambos tan preto estiveran de ser un só, pois por primeira vez o foran naquel vó.

E así naceu coa nana da pachamama un aguilhome que caeu na herba cun lunar azul na ala da palma da man esquerda, de ás branco-marfilosas e pupilas azuis-verdosas, voa cando a lúa chea está, batendo as ás dende o Peñón baixo o azul brilante dos sete mares das medusas dos fondos luares.

Antes de porse en pé e abandoar a cova comprometeuse coa Terra a ser un guerreiro que loitara por Ela, un contrato que asi lle presentara para que na volta a oscuridade non se olvidara. Agora na batalla contra a mente ten o seu amor presente para loitar coa enfermidade da xente que a codicia e tantos males no presente fan atacar a unha Terra que só nos pode amar.

Máis artigos en “Solidarizando”

 

comentarios