Sábado. 20.04.2024
El tiempo

SoliLaridade Gandeira: O remoLque

censura-rusia-google-internet_EDIIMA20130214_0706_22
SoliLaridade Gandeira: O remoLque

Que é máis importante nunha Pandemia, parala ou chorala? Se é tan importante a trasmisión entre individuos como para pechar cidades e paises sería lóxico pensar que é esencial parar a trasmisión, así se un individuo está infectado hai que separalo do resto ata que deixe de estalo, a non ser que non importe tanto, mais olvidándonos de intereses granxeiros e pensando só na Pandemia como un ataque a humanidade, razoa xabarín:

Que será mellor: que una persoa se acorde de todos os seus contactos, ou que os contactos se acorden dunha persoa? Segundo o Sistema Sanitario, é máis normal que o camareiro se acorde de todos os que entran que os que entran se acorden do camareiro, así que en pos da libre circulación vírica para o contaxio do rebaño disminuindo o control, a primeira opción asegura erros en cada caso que xuntados todos son un pase VIP para a covid: Aprobada a Memoria individual para a pandemia colectiva!

Que será mellor: ter un control social do comportamento dos infectados durante a súa cuarentena ou ter un control policial de infectados e cuarentenas? A segunda opción é imposible de realizar dando pé a moitísimos erros. Cojonuda, Aprobada!!

Que será mellor: informar con veracidade no periódico sobre a situación dun concello ou terxiversar a información obedecendo a outros intereses? A censura e a mentira informativa non só sumaría máis contactos camuflando persoas e zonas de risco, senón que tamén crearía desconcerto. Aprobadísima! Os periódicos con normalidade.

Que será mellor: que a información real só a teñan as políticas e sanitarias ou que se comparta coa Sociedade? No 2020 se non eres político ou sanitario non estás preparado para asumir a información e responderás mal, algo que disque é moi raro que suceda entre políticas e sanitarias, cegueira compartida? Como sinalamos anteriormente a ocultación de zonas e persoas de risco axudará a espallar o virus. Privilexios Aprobados!

Que será mellor: ter máis control no acceso ao INEM ou máis control no acceso aos hospitais? O control no acceso, a obriga de limparse mans e calzado faise no INEM; nada de iso existiu en todos estos meses nos hospitais de Coruña e Cee, colocaron xabóns e virus controlado. En tendas e negocios vemos como inocentemente toman o INEM como exemplo, en vez do sistema sanitario, a estupidez humana? Eliminar aos jalos débilitados e jaliñas con minusvalías asegurando a entrada de polos e poliñas afianza a continuidade da granxa. Criba Aprobada!

E que será mellor: NORMALIZAR estar infectado por covid e afastarse temporalmente da vida social, nunha cuarentena controlada socialmente coa información pública para que os posibles contactos tomen as precaucións pertinentes (que nunca estaráN de máis pero sí de menos) OU escondemos os infectados, bareamos as que os sinalen e demonizamos a palabra inFectado? A opción elixida é compartir toda a túa vida co teu móbil, salvaguardar as empresas conveniadas, e pasar do teu veciño sobre todo se non ten móvil de última xeneración, humanidade? ... e preocupádesvos que se poñen chips para controlar a xente, non queredes máis? No 2020 o humano só move conscientemente o dedo arrastrador para leer as ordes. Mucho pienso luejo desisto.

Todas estas medidas individualmente abren múltiples portas á circulación virica, xúntaas todas nunha mesma sociedade e aseguraste continuidade da expansión, e se non che chega esa suma, avaricioso, mételle uns botellóns, unhas festas e uns banquetes e asegúraste acadar obxectivos ao 100%, pois cando todas as medidas levan a un resultado, con extrapolalo sacarás o plan elaborado, que se ben non se comparte publicamente non é difícil de imaxinar vendo todo o traballo realizado no simulacro previo ao inverno. Que se morran os feos de defensas inmunolóxicas, que se vaian as vellas parcheando o furado que a mafia deixou nas pensións e ir descubrindo os efectos secundarios no resto de persoas co tempo no pouco elaborado contaxio de rebaño, preocupándose só de manter a salvo privilexios e privilexiados coa súa atención primeira, primaria e privada asinada e conveniada no reparto de capas co sistema público, persoaxes que non persoas que esperan a talla dos seus bustos no novo mundo que os agarda.

Memoria Reducida + Cuarentena liberal + Infectados sin Control + Censura e mentira informativa + Privilexios por Convenio + Mínimo control b Ocultismo Censor = NASA

Medidas adoptadas, asumidas e defendidas con garras, uñas e dentes durante 9 meses polas “ratas”, “cans” e “jatas” que gozan de certa liberdade na granxa sempre que cumplan avisando dos fuxitivos e mordendo ás intrusas que atenten contra o protocolo granxeiro. Agora tocará recoller os froitos sementados, pois este ano a Terra rebrotará cun Inverno que non se olvidará, así no lo vellen avisando bombo e platillo dende hai moito tempo e todo apunta a que atinarán, así que alo menos dedicalle algo do Teu tempo ás aVoas, non teñas medo de darlles o Amor que arrastras polos bares, ponlle un pincho tan siquera, que teñen de sobra merecido tar sempre servidas aínda que as vexas andar a limosna dun oido, dun ollar, dun tempo compartido que lles alivie o traballo ofrecido... tan pouco piden e nada reciben.

 

Exercicio Palito

Solidaridade.- Adhesión ou apoio incondicional a causas ou intereses axenos, especialmente en situacións difíciles. 

Roe con este significado da RAE un exemplo práctico para finalizar a primeira lección de razoamento: No caso hipotético de que nun Concello exista un infectado de covid, información que saiba el, os seus colegas e os políticos, sen informar ao resto de veciños, nin sequera cos que comparte edificio o infectado durante, digamos 15 días, sin rastreo, sin seguimento de cuarentenas, poñendo ao Concello na prensa libre de covid ademais de glorificalo nas redes por ser dos poucos senon o único limpo e libre de virus en toda a Comarca... (abuff toma Coz; e que é moito xunto pero trajan coa boca aberta)... despexa o SOL e determina como aplicar a palabra Solidaridade no execicio práctico pois ás políticas, sanitarias, infectada e amigas pasan moito traballiño para ensinar aos demáis a postura Solidaria Protocolizada por Lei: En silencio, de rodillas, coas mans pegadas unha a outra a altura do esternon e os ollos pechados, inspira, cala a boca e espira. 

Se non te sintes moi solidario aproveita a postura para meditar e imaxinar a eses persoaxes lendo no periódico cada un deses 15 días as noticias comarcais cunha sonrisiña cómplice: Tal Concello segue sen rexistrar ningún caso jejejeje O único Concello libre de covid jijijiji Os veciños máis solidarios jajajaja; tanto o foron e serán, que voltaron e voltarán a bailar ao compás para tirar da soga e quitarlle a vida a quen lle sinalen como bruxa, non precisaron máis no pasado pois a última bruxa queimada Viva pola Inquisición foi nestas terras, por moito que zugarreen no cine, o cuño, a firma e a última data da última muller queimada ViVa foi e está firmada polo Marino de Laxe... o que tuvo, retuvo.

Solidarios ao 99,9%, nunca me disculpei por non ser parte do gando.

 

este artículo foi etiquetado como verSículo longo, w por falta da matriculación correspondente foi dividido en dous.

  • Xabier García Lema. Morteño da Costa con gañas de darlle alma a Vida, empadroado nos Penedos, sen granxa e sen capar, Animal salVaxe e Vexetal silVestre fundido nun abraZo que nunca xamais volverán a facer pedaZoS.

 

Outros artigos de Xabier García Lema.

Comentarios