Reflexións sobre o incencio do Santuario da Barca de Muxía

Os frecuentes roubos nas igrexas

E agora o incendio dun dos santuarios-símbolo de toda Galicia. Aínda que hai outros, este e o de Santo André de Teixido teño para min que son os máis populares, os que desde tempos inmemoriais lograron xuntar maior número de peregrinos. Xa se ten dito que os galegos peregrinamos máis a eles que á tumba de Santiago. A Compostela vaise en peregrinacións organizadas polos párrocos nos anos xacobeos; a Muxía e a Teixido non fai falla a intervención dos cregos, pois xa os veciños se arranxan.
¿O mellor retablo da Costa da Morte?


Libros e documentais sobre A Barca
Nunca pensei, tampouco, que sería nunha ocasión tan funesta coma esta cando lles ía dar máis valor que nunca a dous recentes e excelentes traballos divulgativos de dous amigos e compañeiros, Xan Fernández Carrera e Manuel Vilar, os dous co mesmo título, A Romaría da Barca, o primeiro en forma de libro (do ano 2007) e o segundo un documental de 17 minutos de duración deste mesmo ano que remata, 2013 (quen o desexe pode velo desde xa na web da SEMESCOM). Ben sei que tanto un coma ou outro se basearon en boa parte en investigacións anteriores (Rivadulla Porta, Antón Castro e Eva López Añón, esta na súa tese sobre a arte moble do arciprestado de Nemancos), pero repasando estas obras podemos calibrar na súa xusta medida a importancia deste templo e do seu significado material e simbólico para Muxía, a Costa da Morte e Galicia enteira. O documental realizouno o Seminario de Estudos da Costa da Morte cunha axuda da Deputación da Coruña. Do ano 2011 tiñamos outro documental (As imaxes de Santiago nas igrexas e santuarios da Costa da Morte) no que a Barca tiña un gran protagonismo, dada a singular iconografía de Santiago do seu retablo: o Apóstolo axeonllado ós pés da Virxe, elevada esta sobre unha barca, semellante na forma á do Pilar de Zaragoza. A gravación correra a cargo dun grande especialista: Marcos Gallego, de SAGA-TV. Tamén o tiñamos en formato libro a doutora Eva López Añón e quen subscribe.
Reflexións en voz alta
Só nos queda, finalmente, facer un par de reflexións: 1º) ¿Que cousas se fixeron mal para que en case trescentos anos se conservasen os retablos e imaxes do santuario sen maiores incidencias e agora, con todos os nosos avances tecnolóxicos, pasase o que pasou na Noiteboa de 2013? 2º) O presidente da Xunta anunciou que se ía restaurar o santuario custase o que custase. ¿Servirá isto para esquecer definitivamente Moraime, o histórico mosteiro bieito, xoia do románico da Costa da Morte, sen o cal seguramente nin Muxía nin o santuario da Barca existirían, polo menos coa importancia que tiveron en tempos pasados e teñen actualmente?
A Alba de Gloria dos poetas muxiáns falecidos (Gonzalo López Abente e Xervasio Paz Lestón) está de luito e sen dúbida estarán recibindo as condolencias por parte de Rosalía de Castro e Federico García Lorca, que tamén poetizaran a romaxe da Barca. Vexo tamén ó Crego Sabio, o real e o ficticio, na escena. Este último prepárase para un longo e revolucionario sermón. Os lectores de Costa do Solpor xa me entenden (por certo, os seus protagonistas tampouco teñen hoxe moi boa cara que digamos).

- Xosé María Lema Suárez (lemasuárez@quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
Máis información
- Recunchos da Costa: As Pedras da Punta da Barca.
- A historia da Romaría da Barca.
Máis información
Artigos de Lema Suárez en QPC
- As traducións e a (in)visibilidade da literatura galega.
- A oposición da Xunta aos parques naturais.
- O ascenso, a celebración ideal do cincuentenario do C.D. Baio.
- A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa.
- Un accidente por culpa do galego (a realidade supera a ficción, e non vos riades).
- O dramaturgo Roberto Vidal Bolaño e a súa infancia en Baio.
- Os haikus de Miro Villar.
- Vítor H. Brandalise, un brasileiro seguindo os pasos do caderno de campo do xeógrafo Domingo Fontán por Galicia.
- As imaxes roubadas das igrexas de Nande e Traba (Laxe): hai interese por evitalo?.
- Avelino Pousa Antelo, lembranzas persoais.
- Finou o vello galeguista Avelino Pousa Antelo.
- Bicentenario da Constitución de Cádiz: actitudes opostas de dous cregos da Costa da Morte en 1812.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).