mércores. 30.04.2025
El tiempo

Senda Nova mollouse polo Anllóns

Senda Nova mollouse polo Anllóns
Senda Nova mollouse polo Anllons Senda Nova mollouse polo Anllóns Limpeza do Anllons con Senda Nova

Canta falta fan estas asociacións medioambientais nas zonas nas que administracións non se preocupan por coidar do noso entorno. Mágoa que na nosa zona non haia máis como Senda Nova, a brava entidade carballesa que non perde momento para mollarse polo medio ambiente.

Asi o fixo, como a única entidade da comarca que participou na IX Limpeza Simultánea de Ríos programada por ADEGA no marco do Proxecto Móllate polos ríos, nesta ocasión coa colaboración do Concello. En total foron 44 entidades as que participaron de toda Galicia, nas que colaboraron 640 persoas que retiraron máis de 12 toneladas de residuos.

Deses, 120 kilos de lixo, sobre todo plástico, eran do río Anllóns, e foron “rescatados” polos 16 voluntarios de Senda Nova. Uns voluntarios dos que ademais moitos eran nenos, o que dalle valor doble á actividade, pois ademais de manter limpos os nosos ríos, serve de fermoso traballo de concienciación para estes pequenos que, de seguro, non volverán tirar un papeliño a un río.

Do global dos ríos galegos, recolléronse refugallos de todo tipo, e coma sempre abundaron os plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos...). Apareceron tamén rodas de automóbiles, cristais, colchóns, radiocasetes, restos de coches, pilas, electrodomésticos, extintores. As toalliñas húmidas foron do lixo máis abundante. Apareceu tamén algunha uralita, roupa, calzado…

En todo caso, ADEGA lembra que o seu principal obxectivo non é a mera recollida. “O voluntariado ambiental non é man de obra barata que poida suplir o traballo da administración, somos, por outra banda, unha masa de xente que axuda a concienciar á sociedade. O voluntariado denuncia que a situación dos nosos ríos debe mudar, e para iso facemos actividades como esta”.

Limpeza do Rio Anllons por Senda Nova con ADEGA

En Baio

Tamén en Zas, o colectivo Río-Mar realizou a súa saída de limpeza no río Grande, fóra do marco do progrma de ADEGA, pero cos mesmos obxectivos: liberar o río. Unhas 30 persoas sacaron preto de 100 kilos de lixo das cauces do río costeiro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios