Senda Nova pecha a quinta edición da súa Escola Ambiental
08:05 05/07/17
O pasado domingo tivo lugar no Espazo da Natureza de Oza a clasura da 5ª edición da Escola Ambiental Senda Nova
Máis de 60 persoas de todas as idades partiparon o pasado domingo na clausura da 5ª edición da Escola Ambiental Senda Nova que tivo lugar no Espazo da Natureza de Oza.
Na Escola Ambiental - unha das actividades principais deste programa - traballaron durante nove meses un grupo de monitores e monitoras voluntarios que trataron a través de diferentes actividades achegar aos 20 nenos e nenas ao patrimonio do seu entorno máis próximo. "Foron 9 meses de intensa actividade todas as fins de semana nos que se desenvolveron máis de 30 actividades de diversas características e en distintos lugares: sesións de aula, camiñadas pola natureza, actividades de horta, obradoiros de convivencia etc", apuntan dende Senda Nova.
Uns 20 nenos e nenas recibiron o seu diploma por participar na Escola Ambiental de Senda Nova
A clausura estivo chea de emocións e sorpresas, en forma de agasallos para os participantes, unha merenda rica e saudable para as familias e co acompañamento das cantareiras da asociación cultural Arume de Verdillo.
Máis información
Novas relacionadas
- Aquelarre de San Xoán no Verán ao natural de Senda Nova
- 180 km de corredoiras para facer historia na Primavera en Ruta de Senda Nova.
- Senda Nova descubre a ruta das mámoas de Cabana.
- A Primavera en Ruta, o programa máis antigo de Senda Nova, tamén homenaxeará a Pondal
- Máis de 1500 persoas participan nas distintas actividades do Inverno Ancestral de Senda Nova.
- 30 nenos coñecen de preto a natureza na Escola Ambiental de Senda Nova.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).
- Senda Nova.