Un entroido mollado con Cervexa Artesá


Xa fumos quentando motores para o completísimo entroido de Santa Comba. Xa pinchamos un pouco de Rock xalleiro para amenizar a velada, e só nos falta un pouco do líquido elemento, a cervexa, por suposto, para completar a troula.
Esta fin de semana, do venres 5 ao domingo 8 de febreiro, Concello e DICCAG-Asociación para a divulgación da cultura cerveceira artesá galega, preparan no Recinto Feiral a I Festa da Cervexa Artesá Galega, acompañada dunha Feira de Artesanía. O Recinto estará aberto desde as 12:00 do mediodía ata a 1:00h da mañá ininterrumpidamente. A inauguración coa pinchada do primeiro barril será o venres 5, as 17:30 horas.
Unha ducia de produtores traerán máis de 60 variedades para o noso disfrute. Haberá de todo: concurso, cursos de formación, presentacións, catas guiadas, e, como non, nha carpa restaurante para 120 persoas, con comidas e o domingo un cocido popular por 15 €/persoa (sopa, cocido, postre e café).
Pero queremos coñecer un pouco mellor que é isto da Cervexa Artesá, que aínda temos moito que aprender:

Unha Estrella xalleira
Unha das grandes novidades deste salón será a presentación da primeira cervexa xalleira. José Costa, de Alón Vin, presentará as tres variedades da súa Estrela da Canteira, Xallas, Alón e Santa Comba.
A presentación será o sábado 6 ás 13:00h.
Características da Cervexa Artesá
As características principais da cervexa artesá é que se mima a elaboración (lavado, cocción, embotellado e chapado). Utilizanse materias primas de primeira calidade. Elaboranse sin conservantes nin colorantes añadidos, principalmente, en base a recetas de países de gran tradición cerveceira como Gran Bretaña, Bélxica ou Alemaña. Recúrrese incluso a recetas do medievo, para acadar cervexas rubias, tostadas e incluso negras, que son as que predominan nos negocios de hostelería. O sabor dunha artesá é diferente, deixando un lixeiro toque a cereais afrutados no paladar. Aínda que convén reseñar que detrás da producción de cervexa artesá soen estar xóvenes emprendedores que viven con moito entusiasmo a fabricación da cervexa e cada un ten unos métodos propios de fabricación para obter uns resultados característicos que as identifiquen.
Cervexas por composición
Neste certame, ademais de cervexas realizadas coas materias primas típicas da composición da cervexa, tamén atoparemos variedades fabricadas con auga de mar da Ría de Arousa, , cogomelos boletus, cabaza, mel galega, con toques de licor doce, aromatizadas con toffee, whisky, cacao, café, chocolate, caramelo, torrefacto, cítricos ou tropicais, tanto con lúpulos europeos como americanos, e mesmo unha feita a partir da auga de mar da Costa da Morte “Brétema”.
Algunhas delas maduradas en madeira de carballo durante catro meses. Todas elas realizadas de forma natural, artesanal, sen aditivos, conservantes ou sustitutivos. Haberá tamén cervexas de alta e baixa graduación, sen alcohol, sen gluten e incluso afrodisíacas.
Cervexas por presentación
Doce firmas (confirmadas ata o momento da publicación desta información) de cervexa artesanal galega (salvo unha que é Andaluza) porán a disposición dos asistentes máis de 60 variedades de cervexa presentadas maioritariamente en botellas de 33 cl., 75 cl. e barril, con etiquetado de deseño.
Cervexas por estilo
Por estilo, ademais das típicas tostadas, negras, amargas ou louras, poderás atopar cervexas baseadas en estilos mundialmente recoñecidos de diferentes zonas con gran de tradicion cervexeira, principalmente de Gran Bretaña, Belxica ou Alemaña. Entre elas, as seguintes:
- Estilo “Imperial Stout” (tamén coñecida como Russian Imperial Stout, é un tipo de cervexa Ale cuxo orixe remóntase ao século XVIII en Inglaterra e que se elaboraba principalmente para ser enviada a Rusia, máis específicamente á corte do Zar).
- Estilo “Dry-hopping de Citra” (O lúpulo Citra naceu no ano 2008 a partir dun cruzamento entre varios tipos de lúpulos ingleses, alemáns e norteamericanos).
- Estilo “Dry-hopping de Cascade” (Cruzamento entre os lúpulos Fuggle e Serebrianker. Variedade moi popular en Estados Unidos. Cun nivel moderado de amargor e fragancia, produce un aroma fortemente especiado, floral e con carácter a uvas).
- Estilo “Bitter” (principal estilo de ale que se bebe en Gran Bretaña. Normalmente sérvese de barril. É a típica cervexa que se atopa en todos os pubs británicos).
- Estilo “Rye american Spelt Ale” (estilo alemán mesturado cunha variedade de trigo ancestral con levadura e lupulus americanos).
- Estilo “IPA” (India Pale Ale de tradición inglesa).
- Estilo “IPA Magnum” (Tradicional inglesa).
- Estilo “Belgian Gold Ale” (Tradicional de Bélxica).
- Estilo “Belgian Dubbrel” (Tradicional de Bélxica).
- Estilo “WeissBier” (Orixinario de Baviera-Alemania).
- Estilo “ESB” (Extra Special Bitter).
- Estilo “Rye Saison” (Tradicional das granxas belgas).
- Estilo “Roggenbier” (Tradición Alemana).
- Estilo “Smoked Porter” (tipo afumada Porter coñecida como "Rauchbier" en Alemania).
- Estilo “Brown Ale” (Tradición dos condados de Yorkshire e Durham no nordeste de Inglaterra).
- Estilo “English Pale Ale” (Típicas da zona de Burton-Upon-Trent e Tadcaster no centro e norte de Inglaterra).
- Estilo “Americam Pale Ale” (Similar á English Pale Ale pero con ingredientes autóctonos dos EE.UU.).
- Estilo “Ale” (Tradición irlandesa).
Catas e Cursos
As catas con guía, cursos e charlas técnicas darán a coñecer os asistentes alguns dos secretos desta bebida que está logrando numerosos seguidores. Ademáis de ofrecer a posibilidade de coñecer como se fabrica a cervexa, xa que se explicará o proceso para obtener esta bebida. O Concello de Santa Comba e a ADICCAG pretenden captar o interese que os veciños poidan ter por unha formación máis completa que permita formar cerveceiros artesans na zona, e que, en parte, xa está en marcha.
Fabricantes
Salvo una marca Almeriense, todas as demais que estarán presente no evento son galegas con fabricación propia en Galicia, a maioría da zona de Ourense. Aurium (Ourense capital-Barrio do Couto), Chopps (Laza) e Monte Rei do municipio homónimo. Haberá también representación pontevedresa por medio de Galponbier (Vilanova de Arousa), Menduiña (Cangas do Morrazo) e Vacaloura (Nigrán) además da lucense Bubela, entre outras.
Un dos principais reclamos será a produtora Menduíña. Esta empresa xa foi galardonada con varios premios nacionais e internacionais no último ano. En concreto, acadaron dúas medallas de ouro e unha de bronce no Campionato Nacional de Cervexa celebrado en Barcelona en xullo, e unha de plata na Dublín Craft Beer Cup de marzo. Na actualidade, ten unha tirada de 40.000 litros anuais e distribuen a países como Alemaña e Irlanda. Contan con marcas con típicos nomes da cultura galega como María Soliña, Demo Neghro ou Santa Compaña.
De Almería a NYC, pasando por Santa Comba
A participación foránea virá da man da microcervexería Cervezas San Francisco, que está situada na localidade de Huércal (Almería). Abriu as súas portas en 2012 e actualmente ten unha producción de 100.00 botellins o año. Creada polo maestro cervexeiro Juan José Martinez xa estiveron presentes en prestixiosas festas nacionais como a de Toledo, Málaga ou Valladolid. Esta última, a maior feira de inverno da cervexa artesana en España.
O vindeiro 31 de xaneiro esta microcervexería fará unha presentación privada no lexendario Bull & Bear Bar ubicado no prestixioso Hotel Waldorf Astoria de Nueva York. Este bar é unha institución en Manhattan para os neoyokinos e turistas, sendo citado polo The New York Times como un dos tres mellores bares do mundo.
San Francisco traerá o certame diferentes variedades como a Pale Ale Ecolóxica, a Black Ipa, a Stout, unha Premium, e a 1971, unha cervexa artesana tipo English Pale Ale de doble fermentación, caracterizada por un extraordinario sabor a malta e creada para os paladares más esixentes, que busca o corpo e os matices das orixinarias cervexas elaboradas nos monasterios centroeuropeos no século XV.
Outra das cervexas que podremos desgustar neste certame ten o seu orixe en Ribadumia (Pontevedra). Galpón Bier está elaborada por dous veciños do municipio cuxa proposta emblemática é unha bebida elaborada con agua de mar da Ría de Arousa.
Tampouco faltará a cita o fabricante Monterrei con diferentes variedades como a Belgian Dubbrel, Pale Ale ou Blanca de Brujas. Pablo Casanova Iturralde é o emprendedor que está detrás desta marca. Comenzou no año 2003 tras unha inversión de máis de 50.000 euros e na actualidad coloca no mercado uns 250 litros cada mes. Ademáis é o Presidente e alma mater da Asociación para a divulgación da cultura cervexeira artesana de Galicia.
A Asociación de Cerveceiros
A ADICCAG-Asociación para a divulgación da cultura cervexeira artesana de Galicia, naceu en novembro de 2014 fruto da unión de 27 cervexeiros artesanos de todo tipo. Algúns sólo venden a cervexa en negocios de hostelería propios.
En pouco máis dun ano de vida da asociación que dirixe e da organización deste tipo de certámenes, Pablo Casanova xa levou, ou ten confirmada, a promoción da cerveza artesana galega por medio de feiras, festas ou certámenes en varios municipios de Galicia. Pero será Santa Comba o primero en albergar un evento deste tipo en todo o noroeste da provincia da Coruña e de los primeros de Galicia, despois de tan só un ano do organización deste tipo de eventos.
Ademais da promoción propia do sector, o obxectivo da entidade é demandar a Xunta de Galicia e o Goberno central unha lexislación que ampare a producción e as ventas. Agora mesmo a produción artesá está sometida á lexislación establecida para a cervexa industrial que se elabora nas grandes factorías. Actualmente o simple feito de poñer na etiqueta de cualquer botella de cervexa a palabra artesana pode acarrear unha multa de ata 20.000 euros. O obxetivo é unha regulación para o sector como pequenos produtores, como o están as bodegas
.Futuro xalleiro para a cervexa artesá
O evento nace coa vocación de prolongarse no tiempo, máis aínda tendo en conta o auge que está tendo a cervexa artesá e a intención do goberno municipal no desenvolvemento doutras iniciativas alternativas e innovadoras que dinamicen o municipio.
De feito nas xuntanzas mantidas entre o Concello de Santa Comba e a ADICCAG tratáronse diferentes iniciativas respecto o sector, incluso que abarcasen ámbito nacional. O obxectivo, non é solo o de recuperar unha bebida que é típica da cultura galega, promocionando o traballo que están desenvolvendo pequenas marcas galegas a hora de dar a coñecer o producto que elaboran, senón tamén como un posible escaparate para fabricantes de material, proveedores de materias primas e promoción de nichos de negocio que se están abrindo camiño paralelamente a comercialización deste producto de calidade, e que potencia o tecido productivo.
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Santa Comba.