mércores. 30.04.2025
El tiempo

Versos como balas contra a LOMCE

Versos como balas contra a LOMCE
Cita contra a LOMCE en Cee-Foto-Alex Lopez Cita contra a LOMCE en Cee

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convocaba para este 4 de maio concentracións por todas as comarcas en contra da LOMCE e das Reválidas. Carballo e Cee eran os focos reivindicativos. Na vila da Xunqueira, as ANPAS dos centros de Fisterra (do IES), Sardiñeiro (CEIP), Corcubión (CEIP), Cee (1 CEIP / 2 IES), Vilarmide (CEIP), Carnota (CEIP) e Mazaricos (CPI A Picota) amosaron o seu claro rexeitamento á LOMCE e á Reválida, nunha xornada de loita, pero tamén de cultura.

A cita arrincaba ás 19:00h no Salón de Actos do Concello, cunha charla informativa sobre as Reválidas impartida por Alfonso Varela da CIG-Ensino Bergantiños-Costa da Morte. Moi interesantes as razóns que aportou para darlle máis sentido a estas concentracións.

De seguido, máis dun centenar de persoas concentrábanse na praza 8 de Marzo de Cee. Tocaba amosar o descontento publicamente polas imposicións gubernamentais en materia educativa. Alex López e Suso Bahamonde deixaron claras as críticas tanto en prosa como en verso, lanzando versos que parecían balas, como os de Leö Kch, que realizou un concerto coa axuda de Lucas Van de Laak e Alan Louzán, con dardos para todos.
Ademais das críticas ao presidente en funcións, Leo lembrouse de Siria, de todas as guerras activas, da corrupción… e mesmo cun guiño aos traballadores da piscina de Cee, que hoxe volvían ao traballo despois dun mes en folga.

As ANPAS na concentracion contra a LOMCE en Cee As ANPAS na concentracion contra a LOMCE en Cee Suso Bahamonde nunca falla nestas citas reivindicativas-Foto-Leo Suso Bahamonde nunca falla nestas citas reivindicativas Alex Lopez da ANPA Alen non fallou a esta cita Alex Lopez da ANPA Alen non fallou a esta cita Leo KCH e Lucas Van de Laak berraron Non a LOMCE Leo KCH e Lucas Van de Laak berraron Non a LOMCE

Non á reválida

E dado que o goberno insiste en que a Reválida non vai ter incidencia nas notas, as Anpas Galegas seguen cunha campaña de rexeitamento á Primeira Reválida da LOMCE (27 e 28 de maio), que pasa porque os pais non leven aos cativos a facer a Reválida, e que envíen unha carta de repulsa asinada ao seu centro de ensino.

“Non queremos etiquetas” rezaban moitas pancartas durante as concentracións de onte, dando conta de que esta lei e estes exames teñen unha clara intención de segregar

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios