O "Mendigo" expón no Tinglado
Dentro do programa de eventos culturais do Tinglado (Carnota), xa está aberta unha mostra pictórica ata finais de abril.
Como quere permanecer no anonimato, digamos que "Mendigo" é o alias artístico deste pintor de orixe arxentino, da Provincia de Mendoza, para ser máis exactos.
Leva un ano xa por estes lares carnotáns e eu fixeime no seu xeito de pintar; "Mendigo" é autodidacta, así que entra no ilustrísimo gremio dos que "van por libre" e tanto aportaron á Historia da Pintura en termos globais.
A paleta de Mendigo é colorista e a figuración fai referencia á tradición latina da pintura máxica, pois aporta unha iconografía que responde, en parte, á mitoloxía e iconografía latinoamericana. O soporte utilizado é táblex e a técnica varía en función das necesidades expresivas e na maioría das ocasións implementa varias no mesmo cadro (técnica mixta).
"Wilma"
Este cadro de 120x90cm, móstranos unha personaxe en apariencia femenina sentada plácidamente nunha cadeira. O primeiro que observamos é unha composición que atravesa a diagonal do espacio, deste xeito o peso pictórico recae na parte inferior dereita;pensado así para crear sentido de espacialidade e respiro, na parte contraria do cadro.
A personaxe leva un tocado na cabeza e tamén nos mostra unha doble apariencia no seu rostro, sendo moreno e rubia ao mesmo tempo, coido que aquí nos mostra a súas intencións de "mestizaxe", que é o que somos todos, mestizos.
O cóbado apoiado na cadeira e as pernas cruzadas aportan certa perspectiva de profundidade e responden a que a figura sedente, pousa tranquilamente, como se meditara ou pensara abstraída no seu mundo. Non mira fixamente para ningures.
A personaxe semella importante xa que certamente está entronizada nesa cadeira.
Como un elemento simbólico, por aquelo das ás, no plano superior mostra o que ben podía ser un can ladrando que porta unhas alas e un aro de santidade, seguramente porque o animal é bo pero ruidoso, esto pode resultar chocante, xa que a figura humana permanece en calma; polo tanto podemos asegurar que ambas personazes se coñecen porque a figura central non se altera.
Non se nos escapan as influencias Picassianas, xa que aparecen ángulos mortos, fugas imposibles, dobles perspectivas e espacios planos, así como a resolución da transparencia da falda cunha simples liñas en negro e verde.
O resultado das súas pinturas son imaxes que habitan os cadros, a superficie, non importando nada as estruturas academicistas. As figuras fanse un lugar para ser representadas emocionalmente, ou "sentidas", na que o fondo ás veces é un mero decorado baleiro para dar protagonismo a figura e ás veces emplea toda a superficie para crear unha amalgama figurativa que busca facerse un sitio, case sempre como elementos representativos da iconografía personal do autor.
Horario de visita
De 10:00 h. a 14:00h. e de 18:00h. a 21:00h. (excepto luns e martes que pechados) no Tinglado, Carnota.


