Mércores. 23.10.2024
El tiempo

A Laracha

A Asociación Percebe da Barca arrinca co seu programa de entrevistas en PodCastAtlánticos

A Asociación Percebe da Barca, dentro do Proxecto Memoria Atlántica, arrincou este martes co programa PodCastAtlánticos, unha serie de 24 entrevistas audiopodcats sobre o emprendemento, a gastronomía, a arte e as distintas profesións ligadas ao mar que quere dar a coñecer seis municipios de Costa da Morte (A Laracha, Camariñas, Laxe, Ponteceso, Malpica de Bergantiños e Muxía) a través do testemuño, en primeira persoa, dos seus protagonistas. Cada martes, de aquí a novembro, publicarase unha entrevista nas redes sociais da marca Percebe da Barca.

Na primeira delas coñeceremos un pouco máis a Evaristo Lareo, profesional da Laracha curtido en miles de batallas mariñeiras que, ademais, é o actual presidente do GALP Costa da Morte.

A Asociación Percebe da Barca arrinca co seu programa de entrevistas en PodCastAtlánticos