Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Camariñas

Os gobernos socialistas de Vimianzo, Muxía e Camariñas urxen á Xunta unha solución ante a praga de vermes

En máis de 10 concellos da comarca a praga da eiruga defoliadora de gramínieas está facendo estragos. Inofensiva para as persoas e resto de animais, é crúa co millo, o céspede... algo que provoca inquedanza na veciñanza, e os Concellos.

Desta volta son os Concellos de Vimianzo, Muxía e Camariñas os que urxen á Xunta de Galicia unha solución ante a praga. A rexedora vimiancesa, Mónica  Eodríguez, xa trasladou hai varios días a inquedanza neste sentido ao organismo autonómico, do que aínda se agarda resposta.
Tanto o alcalde de Muxía, Iago Toba, como a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, insisten na necesidade de “coñecer as medidas que podemos tomar nun contexto onde non temos competencia algunha para actuar”.
Desde a Administración local vimiancesa xa se trasladou un escrito solicitando instrucións para rematar con este problema, ante a alarma social xerada por estes insectos e á inquedanza respecto á posible afectación a cultivos e plantacións.

Preguntan sobre a posibilidade de levar a cabo tarefas de fumigación con algún produto, puntualmente, e de ser axeitado, se indicase cal sería a substancia óptima para tal fin e aplicala na vía pública, parques, parque empresarial e núcleos rurais e urbanos que se están a ver afectados.
 

 

 

NOVAS

Os gobernos socialistas de Vimianzo, Muxía e Camariñas urxen á Xunta unha solución ante a praga de vermes