Luns. 29.04.2024
El tiempo

Piden tranquilidade ante a inofensiva praga de vermes que afecta á comarca de Bergantiños

Casais e Tatiana Rellan cos vermes
Manuel Pose e Tatiana Rellán, do BNG cabanés, explicando
Piden tranquilidade ante a inofensiva praga de vermes que afecta á comarca de Bergantiños

Despois de superar a plaga de pulgas que afectou ao lugar de Frinle, en Cabana, a comarca de Bergantiños afronta unha nova “invasión”. Unha plaga de vermes (a eiruga defoliadora de gramínieas) afecta a cultivos, forraxe, hortas e exteriores das vivendas, o que está a provocar unha alarma social.

Ante esta situación é o BNG de Cabana o que quere lanzar unha mensaxe de tranquilidade e tras poñerse en contacto con Extensión Agraria, e tras falar con gandeiro Manuel Pose (nº 7 da súa candidatura e xerente da granxa gandeira de Casais, na Mata), explican o seguinte:

  • 1.- Este verme é moi habitual no noso agro, sendo un problema que sofren os gandeiros cando ataca á herba e ao millo.
  • 2.- En principio é inofensivo para as persoas e mascotas. Non se coñece que sexa transmisor de enfermidades para persoas e animais. Outra cousa é a incomodidade que poda supor cando está cerca das vivendas.
  • 3.- Nun outono con temperaturas acordes coa época do ano xa tería desaparecido; as altas temperaturas que sufrimos fan que siga reproducíndose.
  • 4.- Debemos ser cautelosos á hora de utilizar insecticidas para eliminalos, un uso inadecuado dos menos pode provocar contaminación severa tanto no campo como nos mananciais. Por iso débese contactar coas autoridades nos casos extremos para que actúen axeitadamente.

Lembran que non son un perigo para a saúde, como o si o eran as pulgas de Frinle, pero pide ao PP que tomen en consideración a proposta presentada polo BNG para establecer un protocolo de actuación ante unha plaga de insectos que o PP rexeitou.

Novas relacionadas

Comentarios