Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Camariñas

Investigado un camariñán por disparar a un gato e subilo ás redes

O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil de Corcubión está a investigar un veciño de Camariñas como suposto autor dun delito de maltrato animal. Os feitos sucederon o pasado mes de xaneiro cando apareceu un vídeo nas redes sociais do agora investigado, cun arma curta de gas comprimido disparando a un gato desde un vehículo a motor que se atopaba estacionado na localidade de Camariñas.

O efectivos deron coa persoa e procederon á incautación da imitación do arma Walther P99 de aire comprimido, quedando depositada na intervención de armas de Carballo, a disposición da autoridade xudicial. A maiores realizáronse denuncias administrativas en materia do Reglamento de Armas 4/2015 pola tenencia de armas de aire comprimido sen ter a correspondente tarxeta en vigor.

As dilixencias instruídas foron postas a disposición do Xulgado de Instrución non 2 de Corcubión. Xulgado de Instrución non 2 de Corcubión.

Investigado un camariñán por disparar a un gato e subilo ás redes