Sábado. 28.05.2022
El tiempo

Camariñas

Camariñas leva á súa natureza e a Mostra do Encaixe á Fitur

Con todo o equipo desprazouse Camariñas á FITUR. A primeira acción e unha das máis potentes é a súa campaña de promoción da XXXI Mostra do Encaixe o Concello de Camariñas, nas pantallas dixitais dos Cines Callao e Gran Vía, durante toda a semana do 17 ao 23 de xaneiro.

A protagonista deste cartel, ao igual que do vídeo, é a voluntaria da Mostra Ainhoa Toba que desde o alto da duna de Monte Branco, cun vestido de encaixe e sostendo uns palillos e co areal, aprecia o fermoso horizonte das praias do Trece.
Na imaxe pode verse o slogan desta edición: ‘Encaixas no paraíso?’ e unha clara referencia ao municipio e ás datas de celebración do evento: ‘Camariñas, corazón da Costa da Morte. Semana Santa 2022’.

Xa no stand de Tourespaña a alcaldesa Sandra Insua debullou o sentir da campaña e presentou o vídeo promocional.

Sandra Insua en Fitur

Camariñas leva á súa natureza e a Mostra do Encaixe á Fitur