Luns. 19.10.2020
El tiempo

Carballo

"Carballo precisa máis solo industrial"

Así reza o novo vídeo presentado onte polo BNG de Carballo na reunión celebrada cos empresarios do Polígono de Bértoa. Un Polígono que califican dos "máis dinámicos de Galicia", que se atopa ao 82% de ocupación e que necesita unha ampliación. De aí que o BNG se comprometese a "canalizar as demandas do empresariado carballés no Parlamento de Galiza", entre elas o desenvolvemento da 3ª fase, ou a construción, real, da circunvalación

O deputado Daniel Pérez, lembrou que "o polígono de iniciativa pública foi desenvolvido cando o BNG tivo responsabilidades na xestión do solo empresarial na Xunta de Galiza, e que xa naquel momento quedara prevista unha ampliación de máis de 500.000 euros en dous sectores e mesmo se iniciara a adquisición de solo por parte de Xestur, titular xa de boa parte dos terreos. Pero dende que o PP goberna en Galiza non se fixo ningún movemento nese sentido, malia as reiteradas peticións e a altísima demanda de parcelas que segue a ter o polígono de Carballo".

"O parque empresarial de Bértoa está abandonado pola Xunta de Galiza, e aínda hoxe carece de redes de fibra óptica ou gas", denuncian.

Novas relacionadas

Agosto 2020: Novo retraso da Circunvalación de Carballo: Non estará lista en 2022 como anunciara a Conselleira

"Carballo precisa máis solo industrial"