Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carballo

Deteñen un arousán que abastecía varios puntos de venda de droga de Carballo

Dende o pasado mes de xuño a Garda Civil de Carballo detectou un aumento na venda e consumo de drogas en Carballo. Os axentes notaron que en varios poboados da contorna carballesa continúa habendo un núcleo de movemento polo que o Equipo de Delincuencia Organizada e Antidrogas da Unidade de Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Coruña afiou aí a vixilancia.

Tras varias semanas de traballo de campo, a Garda Civil localizou á entrada dunha aldea un coche de alta gama conducido por un individuo recoñecido polas Forzas e Corpo de Seguridade xa que fora detido en ocasións anteriores pola súa relación co tráfico de drogas. En concreto pola operación “Albus” levada a cabo pola mesma Unidade e outros Grupos da Garda Civil de Pontevedra.

Comezaron o seguemento do condutor, natural de Vilanova de Arousa, descubrindo que de xeito periódico realizaba viaxes ata Carballo, para o suposto abastecemento de heroína de varios puntos de venda da vila.

Nunha destas viaxes e ante a sospeita de que puidese estar transportando certa cantidade de sustancia estupefaciente a bordo do turismo de alta gama, a Garda Civil interceptou o pasado 14 de outubro o vehículo na estrada DP7206, aínda en Rianxo, co obxecto de rexistrar o citado turismo. O condutor colaborou sinalando directamente un compartimento no lateral esquerdo do maletero, no que se localizaron catro paquetes rectangulares envoltos en plástico contendo unha sustancia de cor marrón que acabaron  sendo 2,2 kg de heroína.

O arousán, de 46 anos, foi detido como como presunto autor dun delito contra a Saúde Pública na súa modalidade de tráfico de drogas.

 

Deteñen un arousán que abastecía varios puntos de venda de droga de Carballo