Entre os 43 vídeos enviados ao certame Enreguéifate 2022-23 temos varios da Costa da Morte, concretamente de Carballo, un dos Servizos de Normalización Lingüística municipais que organizan o certame xunto cos de Burela, Compostela, Dodro, Vila de Cruces, Mourente, Teo, Vilalba ou Ames,
Un proxecto que trata de achegar á cidadanía á improvisación oral en verso a través da regueifa, que inclúe accións formativas para o profesorado e para o alumnado, con máis de 80 obradoiros de improvisación oral e regueifa impartidos en centros educativos dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo; ademais doutros catro abertos ao tecido asociativo celebrados no municipio de Carballo.
Atopamos em categoría escolar, ademais do CEIP Bergantiños, temos este do CEIP A Cristina.
En categoría xeral, temos uns participantes da Escola de Regueifa, con varias caras coñecidas como Eva Patiño ou Oscar Arriero:
AO xurado
Hoxe mesmo comeza a fase de votación do xurado, que nesta ocasión está composto por Socorro García Conde, técnica de normalización lingüística do Concello de Santiago; Carme Pereiro, normalizadora lingüística do Concello de Ames; Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; e Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro.
Os vídeos premiados desta edición anunciaranse a partir do 20 de marzo a través das redes sociais do Enreguéifate. E o 14 de abril terá lugar a entrega de premios, no marco da Gala Enreguéifate-Regueifesta, un acto que vai celebrarse no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, e que suporá un final de festa conxunto dos dous proxectos educativos.