Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Carballo

A exposición "A memoria do son" xa rescata a música medieval no Pazo da Cultura

O Pazo da Cultura acolle ata o 10 de febreiro a exposición de instrumentos musicais medievais "A memoria do son", unha iniciativa da Deputación de Lugo, sobre a música e instrumentos medievais que se desenvolveron no taller de instrumentos musicais do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad).

Luciano Pérez, Efrén Castro, Evencio Ferrero e Maruxa Suárez na expo A memoria do Son
Luciano Pérez, Efrén Castro, Evencio Ferrero e Maruxa Suárez na inauguració

Oito instrumentos construídos a partir da iconografía do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, do Pazo de Xelmírez, das cantigas de Alfonso X e das esculturas do Rei David son os protagonistas da mostra: unha ziga, unha rota, unha cítola, unha zanfona, unha viola de perna, unha viola de brazo e un organistro.

 

A mostra pode visitarse ata o 10 de febreiro, de luns a sábado, de 17.00 a 21.00 horas, no andar -1 do Pazo da Cultura. Na inauguración estivo presente o director do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo, Javier Bardanca, xa que a exposición constitúe un importantísimo elemento didáctico para os/as estudantes de música. De feito, para o día 29 deste mes ás 20.00 horas está prevista unha visita guiada para o alumnado do CMUS.

A exposición "A memoria do son" xa rescata a música medieval no Pazo da Cultura