Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carballo

A parroquia de Sofán homenaxea aos seus Mártires cun mural

Descubríu este pasado venres, a artista Verónica Ramilo Graña, un mural no que lembra aos Mártires de Sofán. Unha historia rescatada o pasado 2019, da man da Agrupación Cultural Lumieira e o Concello de
Carballo
, na que se recuperou do esquecemento ás María Caamaño Pallas, Carmen Veira Souto, María Serrano Paz e Josefa Bolón Mato, as Mártires de Sofán.

Pasaron 103 anos dende aqueles enfrontamentos entre a veciñanza de Sofán e a Garda Civil que se saldaron coas mortes das catro Mártires de Sofán. Unha historia que quere ser lembrada con máis fincapé. De aí a idea do mural, desenvolto por esta  alumna da escola EASD Pablo Picasso da Coruña, no marco do seu proxecto final de estudos de fotografía.

“Despois de facer un traballo de investigación sobre o acontecido hai 100 anos nesta parroquia de Sofán, realizando entrevistas con varias familiares directas das asasinadas, e recollendo a información que recompilaron persoas coma o historiador Xan Fraga, realicei unha interpretación persoal do acontecido, remarcando a forza das mulleres para enfrontarse ao poder”, explica a artista.

Mural martires_sofan

Novas relacionadas

A parroquia de Sofán homenaxea aos seus Mártires cun mural