mércores. 04.12.2024
El tiempo

Carballo

Un youtuber arxentino sumérxese nos campamentos dos moinantes de Carballo

Gran expectación e interese está xerando o vídeo que vén de subir Joaco Santos. O youtuber arxentino, especialista en barrios non turísticos, sumerxiuse nos campamentos dos moinantes dos arrabaldes de Carballo, coa intención de ver a realidade na que viven os membros desta etnia singular.

A falta de imaxes reais e directas de espazos como o Monte do Carme, A Brea, A Grela, O Sixto, Carballo de Arriba, A Colina ou A Revolta fan deste documento de 25 minutos, tomado con honestidade e sen sensacionalismos, un interesante relato dun colectivo separado socialmente, formado, oficialmente por 167 familias e unhas 600 persoas.

Un youtuber arxentino sumérxese nos campamentos dos moinantes de Carballo