Luns. 19.10.2020
El tiempo

Carballo

Carballo celebra a Semana da Mobilidade

Carballo celebrou este domingo o Día sen Coches. Fíxoo, no marco da Semana Europea da Mobilidade, con este vídeo explicativo, e con actividades diversas. Unha das máis singulares desenvolvéronse en varias rúas de distintos barrios, cortadas para convertelas en espazos de xogo para a rapazada.

As rúas Vila de Laxe (Chorís), Eduardo Pondal (A Granxa) e Concepción Arenal, Cervantes e Valle-Inclán (centro) desenvolvéronse actividades como pintado de xogos no chan, módulos tipo skate-park para uso con patinetes e bicicletas, actividades deportivas... Non faltaron un par de sesións de zumba para pequenos e maiores.

Ademais, o Pazo da Cultura acolleu un obradoiro para mulleres que levan tempo sen andar en bici e queren recuperar o hábito ou que queren mellorar as súas habilidades. Monitores/as do Club Ciclista Carballo Vázquez y Reino fixeron unha sesión teórico-práctica que culmibana cunha pequena ruta. “Pedaleando pola igualdade”.

A Semana da Mobilidade continúa celebrando este luns co Día da Accesibilidade en colaboración coa Asociación Íntegro; e o 22 coa colocación de aparcabicis e o pintado das rutas do Pedibús.

ruta_bici en Carballo

Novas relacionadas

Carballo celebra a Semana da Mobilidade