mércores. 11.12.2024
El tiempo

Carballo

Así son as marabillosas obras escolares finalistas do Certame de Teatro Lido do FIOT

Que tesouros son estas 6 pezas finalistas do XXIII Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. Un certame que invita aos centros de ensino a facer creacións singulares, achegarse á radio e ao teatro, e espertar a arte dramática nas crianzas da comarca. Varias das creacións foron realizadas ademasi nos estudos da Radio Nordés Cadena Ser, o que aumenta na rapazada a sensación de mergullarse nunha aventura comunicativa.

Este domingo 10 de novembro, ás 18.00h, no Pazo da Cultura de Carballo, terá lugar a gala final onde os grupos finalistas volverán interpretar as súas pezas teatrais e na que se realizará a entrega de premios, valorados en 850 euros en libros e material didáctico grazas á colaboración da Librería Brañas.
O acto estará presentado por Bea Campos que, ademais de ser a mestra de cerimonias, amenizará o evento cun espectáculo destinado a público familiar. A continuación terá lugar unha chocolatada para todas os escolares participantes. A entrada é libre ata completar aforo.

Mentres, deixamos aquí as creacións.

Na 1ª categoría

 

Arriba vemos TEATRADAS DO CRA, do CRA Nosa Señora do Faro, coa obra A abelliña que perdeu as ás.

Aquí embaixo: OS CRISTINATREIROS, do CEIP A Cristina, coa obra A mentireira historia da Carapucha Vermella.

E de segurido, o FIRUCOS, do CEIP Alfredo Brañas, coa obra Ai, mamasiña que medo!

Na 2ª categoría:

FAMILIA CARBALLEIRA, do IES Eduardo Pondal, coa obra Nadal en galego.

INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS, do CPI As Revoltas, coa obra Última hora.

CAMBIO BLANCO, do IES Monte Neme, coa obra Presos – Finlandia.

Así son as marabillosas obras escolares finalistas do Certame de Teatro Lido do FIOT