Venres. 26.04.2024
El tiempo

Cee

A CIG mobilízase en Cee polo 1 de maio

Este luns 1 de maio, a CIG volve convocar unha concentración en Cee. Ás 12:00h na Praza Otero Lastres o sindicato sacará as pancartas vinculadas co desemprego, a precariedade laboral, pensións... 

A de Cee será unha das 15 mobilizacións que realizará por todo o país baixo o lema “Paremos o saqueo! Emprego, salarios e pensións dignas”. A central sindical rexeita as políticas económicas dos gobernos galego e español, “incapaces de enfrontar a grave carestía da vida nin frear o aumento das desigualdades e da pobreza” e chama a mobilizarse “en defensa dos servizos públicos, da recuperación económica, a industrialización e a creación de emprego digno na nosa terra”.

 
Critican que a suba dos prezos e da inflación, nomeadamente de bens e produtos básicos de consumo “está a causar unha importante deterioración nas condicións de vida da clase traballadora e da maioría do pobo galego”. U

Por iso consideran insuficientes as medidas da reforma de pesións, e as califican de "claramente lesivas e regresivas feitas para satisfacer as duras exixencias da UE para recibir uns envelenados fondos europeos que están a hipotecar o noso futuro”: “amplía os recortes, negando o dereito a unha pensión digna, e que consolida as reformas anteriores e aumenta máis o período de cálculo, aos 29 anos -excluíndo os peores 24 meses-, afondando o resultado que levamos anos acumulando de caída nas contías das pensións, con especial afectación ás persoas menores de 50 anos”.

 

 

CIG 1 de maio 2023

A CIG mobilízase en Cee polo 1 de maio