Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Cee

Cee busca financiamento para a segunda curta da “triloxía da Costa da Morte”

Trala presentación de ”O que tiras ao mar”, Federico Rioboo busca financiamento para a creación da segunda curta da súa triloxía: “A maleta de Eva”. Faino a través dunha campaña de Crowfunding en Verkami tentando alcanzar gracias á veciñanza, polo menos 2.000€ para os gastos da gravación.

A segunda parte tamén se gravará en Cee, contando ademais con imaxes de Corcubión e Lires. Os actores que estarán ao mando de Federico serán os Serxio Domínguez, Toño Casais, Isabel Vallejo, Nerea García, Saray Pérez, Mauricio Abeijón, Yolanda G. Leal e Moncho Iglesias, entre outros.

A idea é poder gravar a mediados de agosto e estrear a mediados de setembro do 2021, así que botémoslle unha man. Podedes facelo con achegas de 15 a 250€ aquí:

Novas relacionadas

Cee busca financiamento para a segunda curta da “triloxía da Costa da Morte”