mércores. 30.04.2025
El tiempo

Cee

Tania Vieites busca microdoazóns para achegar material ás escolas de Zanzíbar

Temos falado con Tania Vieites, xa docente na Complutense. A ceense está durante o mes de agosto como voluntaria nun colexio con nenos de escasos recursos, na illa de Zanzíbar en Tanzania.

Para poder achegar material á escola de Nunwgi, está a lanzar unha campaña de crowfunding, a través da plataforma gofundme.com. "Gustaríame recadar fondos para poder contribuír economicamente á construción de máis aulas para a Escola da Esperanza, mercar material escolar nas tendas locais, ademais de dotar de auga ás vivendas anexas ao colexio, xa que a auga é un recurso imprescindible. que é escaso nesta zona", explica.

 

Xa podes colaborar con Tania nesta ligazón.

Tania Vieites busca microdoazóns para achegar material ás escolas de Zanzíbar