Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Así de agarimoso está Confi estes días pola comarca

Se a pasada fin de semana estivo xogando no Ézaro cos participantes do Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo, esta mañá achegouse ao porto de Corcubión para saudar á rapazada do campamento de vela de Cataventos.

Confi leva moitos anos por Galicia, e ten un nome en cada praia. Malia que moitos o coñecen como Manolín ou Manoliño, dende a CEMMA lle chaman Confi, pois o primeiro contacto que tiveron con el foi en 2020, en pleno confinamento. Ademais consideran unha “ordinariez” poñerlle un nome de persoa a un animal.

En todo caso, e malia que Confi é moi amable e non é agresivo, nin moito menos, piden evitar o contacto físico con el, e menos meterse na auga con el. “É un animal que mide 3 metros e pesa 400 kg” e calquera movemento pode causar algún dano. “Respectalo, observalo pero na medida do posible, non manter contacto físico con el”, sinalan dende a Coordinadora.

Así foi a visita ao Ézaro:

As agarimosas visitas do golfiño Confi pola Costa da Morte