Domingo. 21.04.2024
El tiempo

Coristanco

Varias propostas da Costa da Morte levan premios no Enreguéifate

Lanzáronse os gañadores do premios da 7ª edición do concurso Enreguéifate, esa iniciativa impulsada polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) e anima a usar a lingua galega.

E como non podía ser doutro xeito, a Costa da Morte somos potencia.

A rapazada do 6º de Primaria do CEIP de Bormoio-Agualada (Coristanco), concretamente Joel Blanco e Javier García, levaron o premio na categoría Escolar coa regueifa “Os máis bravos. Queremos moito aos nosos profes”. 

Tamén levaron premio o alumnado de 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe Nétoma-Razo (Carballo) con esta Regueifa de Razo, chea de arte.

Ademais, o malpicán Óscar Arrieiro e o herculino Chaminho levaron o premio á Regueifa máis brava con este temazo:

Tamén levou premio o CEIP Quiroga Palacios de Santiago, onde exerce de mestre o baiés Fran Gavín, culpable destoutra xoia rimeira:

Máis novas

Varias propostas da Costa da Morte levan premios no Enreguéifate