Amenceu esta mañá en alerta laraxa por mor do forte vento a Costa da Morte. Ata o punto de que o refacho máis forte acontecido no día de hoxe en todo o país rexistrouse na estación da Gándara (Vimianzo), con 136km/h. Lonxe quedan os 106,3 de Camariñas ou os máis de 100 km/h de Lira.
Ademais, hai alerta laranxa por ondas de ata 5 e 6 metros entre as 12,00 e a medianoite no noso mar, e así se notou en Cee, onde unha ghamela foi arrastrada pola corriente ata o areal da Concha.
En canto ás chuvias, a estación de Fontecada, en Santa Comba, foi a que rexistrou maiores cantidades de precipitacións acumuladas en Galicia tanto o mércores (79,8 litros por metro cadrado (l/m2) acumulados ata as 20,30 da tarde) como o xoves (81,6 m/l2 ata ás 13:00).
A estación de de Coto Muíño, en Zas, está entre as 5 primeiras con 45,6 l/m2.