mércores. 03.12.2025
El tiempo

Costa da Morte

Últimos días para que empresas agroalimentarias se inscriban no Programa de Apoio da Fundación Juana de Vega

Estes son os relatos dos gañadores das becas do 2025 do  XIV Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias da Fundación Juana de Vega. Un programa do que nos falaba a semana pasada o bergantiñán Súa, e que afronta os últimos días (ata o venres 5) para que as empresas se inscriban, e opten a un proceso de acompañamento empresarial con auténticos especialistan en desenvolvemento empresarial no rural.

Está dirixido a emprendedores e empresas de toda Galicia, nos ámbitos agroalimentario, forestal, bioeconomía, tamén marisqueiro e pesqueiro ou a iniciativas de base tecnolóxica ou de servizos que dean soporte aos anteriores. 

De entre as candidaturas recibidas nas dúas modalidades Emprendemento e Crecemento e Consolidación, seleccionaramos un máximo de 6 proxectos en cada categoría. Estes 12 recibirán en 2026 un total de 50 horas formación e 25 de mentoría totalmente personalizadas ao seu caso para axudarlles a xermolar a súa idea ou facer máis competitivo o seu negocio

Podes inscribirte en na web https://programadeapoyo.juanadevega.org cubrindo o Formulario de inscrición.

 

 

Últimos días para que empresas agroalimentarias se inscriban no Programa de Apoio da Fundación Juana de Vega