Espectaculares imaxes, algunhas da Costa da Morte, que trae Xacobo de Toro, o premiado mestre no IES de Malpica, no seu #XeoClip, a canle educativa máis seguida de Galicia.
A ver se atopades a Fervenza do Ézaro, o Santuario da Virxe da Barca, o Montelouro, o Esteiro do Anllóns, a praia de Carnota, a praia e a lagoa de Traba, o Monte Pindo, o Monte Branco, o Cabo Vilán, as Illas Sisargas, os Penedos de Traba e Pasarela, ou o Faro de Punta Nariga.
Novas relacionadas
- Xacobo de Toro, un dos premios Youtubeir@s
- O mestre youtubeiro Xacobo de Toro, Biólogo do Ano
- Xacobo de Toro, 5º mellor docente de Secundaria de España: “É necesario reducir o ratio de alumnado por aula”
- Xeoclip: aprendendo de xeoloxía dende o Youtube