Domingo. 15.12.2019
El tiempo

Xacobo de Toro, un dos premios [email protected]

 

O Proxecto [email protected] entrega os premios da súa terceira edición, marcada polo incremento dunha participación que multiplica o galego na rede 

 

Xacobo de Toro, Aquel-e, Aaron Vilariño, MJ Pérez, Blanca e Tinta, Siradella Films, A Rabela e Flow de Toxo repártense os galardóns dos III Premios [email protected], entregados hoxe no Teatro Principal de Santiago

 

[email protected] é unha iniciativa organizada polos servizos de Normalización

Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña

 

 

Santiago, 29 de novembro.-  Os III Premios [email protected] xa teñen gañadoras e gañadores. O Teatro Principal de Santiago acolleu hoxe a súa gala de entrega, conducida pola actriz Patricia de Lorenzo coa animación musical do DJ Manu TF e a intervención artística de Iria Fafián. En total, repartíronse 6.500 euros nas nove categorías en que se dividen estes galardóns que, organizados polos servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades de Santiago, Vigo e A Coruña e da Deputación da Coruña, procuran a promoción e visibilización de vídeos e titorias na nosa lingua na rede, así como o recoñecemento daqueles de maior calidade e creatividade.  Durante a gala os membros do xurado, formado por Tomás Lijó, Nel Vidal, Inés Salvado, Johana Paradelo e Brais Nogueira, deron a coñecer o seu fallo en cada unha das categorías.

 

Así, no apartado de Vídeo-Facermos, o vídeo gañador foi ‘O radón: malos modais para un gas nobre’, de Aarón Vilariño, mentres que na categoría de Vídeo-Opinarmos, o galardón recaeu no vídeo ‘Como se forma un cantil. O exemplo de Santa Mariña de Augas Santas (Praia das Catedrais)’, de Xacobo de Toro Cacharrón. A distinción de Mellor Vídeo-Cantarmos, a gran novidade deste ano, foi para o vídeo ‘O queimaserebros’, de Blanca e Tinta. No caso da Mellor Canle, foi merecente do galardón Aquel-e.

 

O xurado concedeulle o Premio á Creatividade á Canle: Cativos na Cociña, de Siradella Films; mentres que o Premio á Eficencia Comunicativa o levou Rosalía Ft. Rosalía-Malaxente (MJ Cover), de MJ Pérez. O vídeo Os Novos- 'Quero Fugir', de Aaron Vilariño acadou o Premio á Calidade Técnica e 21 días improvisando, de A Rabela, fíxose co Premio á Calidade Lingüística. Por último o galardón da #propostayoutubeira recoñeceu a Flow de Toxo.

 

Xacobo de Toro, segundo pola esquerda, entre os Premiados nos Youtubeir@s 2019
Xacobo de Toro, segundo pola esquerda, entre os Premiados nos [email protected] 2019
Xacobo de Toro, un dos premios [email protected]

Segue recompilando recoñecemento o mestre do IES malpicán Xacobo de Toro. Só este 2019 xa foi nomeado Biólogo do Ano e 5º mellor docente de Secundaria de España. E súmalle agora o premio [email protected] na categoría Vídeo-Opinarmos, por este ‘Como se forma un cantil. O exemplo de Santa Mariña de Augas Santas (Praia das Catedrais)’.

Esta a terceira edición desta iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña. A gala, dirixida por Patricia de Lorenzo, celebrouse en Santiago.

Ademais do premio costeiro, no apartado de Vídeo-Facermos, o vídeo gañador foi ‘O radón: malos modais para un gas nobre’, de Aarón Vilariño. A distinción de Mellor Vídeo-Cantarmos, a gran novidade deste ano, foi para o vídeo ‘O queimaserebros’, de Blanca e Tinta. No caso da Mellor Canle, foi merecente do galardón Aquel-e.


Aquel-e levou  premio a Mellor Canle de Youtube nos YoutubeirosAquel-e levou  premio a Mellor Canle de Youtube nos Youtubeiros
Aquel-e levou  premio a Mellor Canle nos [email protected]

O xurado, formado por Tomás Lijó, Nel Vidal, Inés Salvado, Johana Paradelo e Brais Nogueira, concedeulle o Premio á Creatividade á Canle: Cativos na Cociña, de Siradella Films; mentres que o Premio á Eficencia Comunicativa o levou Rosalía Ft. Rosalía-Malaxente (MJ Cover), de MJ Pérez. O vídeo Os Novos- 'Quero Fugir', de Aaron Vilariño acadou o Premio á Calidade Técnica e 21 días improvisando, de A Rabela, fíxose co Premio á Calidade Lingüística. Por último o galardón da #propostayoutubeira recoñeceu a Flow de Toxo.

Novas relacionadas

Comentarios