Tras escoitar á mestra cabanesa Mariña Lema, seguimos percorrendo os contidos da Gala do LGx15, a iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) para espallar a nosa lingua.
E facémolo gozando da charla de Artur Trillo, un mestre da representación con máis de 30 anos sobre os escenarios con Talía Teatro, o grupo de teatro máis lonxevo da Costa da Morte e un dos máis importantes de Galicia.
Un luxo viaxar ao seu berce, a pequena aldea de 13 casas de Miñóns, parroquia de Buxantes, en Dumbría, para descubrir segredos como de onde vén o seu nome e o seu amor pola lingua.