Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Fisterra

O Concello de Fisterra fai unha campaña para a recollida das “cacas” dos cans

Seguen sendo as defecacións dos cans un dos graves problemas da limpeza das nosas rúas. En todos os Concellos e cidades do país acontece, como tamén pasa en Fisterra. Por iso sempre son necesarias as campañas municipais para concienciar aos reponsables dos animais a recoller as “cacas” dos seus cans e limpar os seus pises.

”A miña familia é responsable” é o lema da nova campaña do Concello de Fisterra, para intentar solventar este problema de salubridade e convivencia que provoca deixar os excrementos dos cans nas rúas, parques, xardíns, paseos, fachadas e mobiliario urbano.

”A limpeza do espazo público é una prioridade do goberno municipal, pero o esforzo deber ser compartido cos veciños e veciñas que deben ser responsables”, explican dende o Concello, que vén de instalar dispensadores de bolsas para recollida dos excrementos en diferentes puntos municipais para que ningún excremento quede sen recoller.

O Concello de Fisterra fai unha campaña para a recollida das “cacas” dos cans