Xa pola tarde, na praia do Ancoradoiro, na zona oposta ao faro, dúas mozas eran arrastradas pola forte corrente. Un mozo que ía con elas conseguía saír polos seus propios medios, e varias persoas daban a alerta. O 112 mobilizaba ao GES de Muros, á zodiac de Protección Civil, ademais da Policía Local, Garda Civil e Gardacostas.
Foron finalmente os membros do GES de Muros os que as recolleron nunha lancha, a uns 25 metros da terra e as trasladaron ata unha embarcación de Salvamento Marítimo, na que foron evacuadas ao porto de Muros en perfecto estado de saúde.