Martes. 23.04.2024
El tiempo

Muros

The Rapants maridan cumbia e psicodelia no novo single autoproducido “La Mítica”

A banda muradana de indie-garaxe The Rapants estrea hoxeo seu novo single “La Mítica". Xanma, Rapante, Chinés e Xakín, presentan un renovador traballo no que combinan cumbia e psicodelia en busca do agrado dun público afeito de antemán a bailar nos seus directos.

O interese desta nova canción recala na habilidade de autoproducirse que presentan estes catro chico de Muros. Ante as adversidades ocasionadas pola crise sanitaria nunha das industrias máis afectadas como o é a musical, a opción de gravar, producir e lanzar as súas propias cancións sen máis axuda externa que a do seu diseñador gráfico, Anxo Beiro, colleitaron un primeiro éxito no anterior single A Festa Do Meu Enterro, que vemos aquí:

Trala súa acolleita e aceptación sonora dos oíntes, The Rapants presentan a súa segunda “autoprodución”: “La Mítica”.
Gravada en casa, concretamente no estudo do seu baterista Xakín Martínez, e producida en conxunto polos membros da banda, este novo single manifesta o descaro xuvenil e ganas de festa característicos da agrupación. Cun mastering executado mediante a colaboración con Carlos Arcay e un deseño de portada obra do seu baixista “el Chino”, a nova peza de The Rapants poderá ser escoitada nas súas próximas actuacións.

Vindeiras datas

Non decaen e seguen pelexando para seguri subindo aos escenarios no marco de actividades culturais seguires, como as que The Rapants terán este agosto o sábado 7 en O Freixo, o xoves 12 en Oleiros, o sábado 21 en Zas ou o sábado 28 no festival A Revolta do Umia.

The Rapants maridan cumbia e psicodelia no novo single autoproducido “La Mítica”