Nova aposta pola fusión da música galega. Desta volta arredor da vila de Muros, á quen lle canta Manuele Pardo. O de Boqueixón, membro de Os da Porfía e Ailá lanza o seu primeiro vídeo en solitario, e faino fusionando novos sons coa tradición galega.
””Muros” nace entre dúas augas, sendo un tema da Terra con pinceladas de eiquí e de acolá, con ar de salitre e esencia da Ulla”, explica.