Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Muros

“Pescar non é delito. Deixádenos pescar!”

Levan meses os pescadores recreativos dos portos da bisbarra coa incerteza de estar nunha situación de alegalidade. Xa se manifestaron en varias ocasións en portos como o de Malpica, pero a situación, afecta a afeccionados de outros moitos como Laxe, Corcubión ou Muros.

Precisamente dende Muros saía onte unha nova protesta en clave humorística. O Dúo Minúsculo, formado por Santi Caamaño (Santi Culo) e José Domingo Fernández (Minos), fainos rir desta volta con reivindicación, con esta tira cómica, rematando cun claro: “A pesca recreativa sempre foi unha tradición nos portos pesqueiros. E agora quérennos tratar aos pescadores como delincuentes. Pescar non é un delito. Deixádenos pescar”.

O vídeo estase voltando viral, con máis de 7.000 visualizacións en instagram e máis de 500 compartidas en FB en apenas 12 horas.

Novas relacionadas

“Pescar non é delito. Deixádenos pescar!”