A proposta inclúe unha partida de 529.000€ para obras como a traída de agua a Morpeguite e os seus camiños interiores; o parque infantil en Suxo; a conexión de saneamento en Labexo; a aduación da pista deportiva en Quintáns e melloras de diversas vías de Gatarante, Calo ou Trasufre, entre outras zonas.
Para a oposición, as obras son necesarias, de aí a abstención, pero non son prioritarias. A propia voceira do PP Sandra Vilela deixábao claro cun símil para explicar a situación de Suxo, onde se vai facer o parque infantil pero se esquece unha necesidade histórica arredor do seu saneamento: “na miña casa é máis importante o tellado que a televisión”.
Pola súa parte, Carlos Concheiro, voceiro do BNG, considera o feito de que “un goberno en minoría acoda a un pleno sen negociar os votos necesarios para a aprobar as súas iniciativas é síntoma de prepotencia e irresponsabilidade”. Por iso, valora “o exercicio de responsabilidade por parte da oposición que evitou que o concello perdera máis de 600.000 euros”, tendo en conta que o prazo estipulado pola oposición para a probación do POS era precisamente hoxe 4 de febreiro.
Concheiro puxe exemplos sobre as prioridades: “Quintáns estanse a verter augas residuais á praia do Lago debido ao deficiente funcionamento da depuradora. Estas carencias repítense en moitas parroquias do noso concello sen que exista un plan creible para subsanalas”.
Dende o PSdeG-PSOE amosan o seu rexeitamento polo "comportamento da portavoz do PP, que instrumentaliza o labor
dun departamento municipal para afear a xestión do alcalde.
A partida social, obrigada pola Deputación, de 157.000, foi aprobada por unanimidade (será incluída para aumentar o servizo de axuda a domicilio.