Venres. 19.04.2024
El tiempo

Outros Deportes

A "Tremosa" tamén encandila a Justin Dupont

Nova visita a que recibiu a Costa da Morte dunha das grandes personalidades do mundo do surf de ondas xigantes. A francesa Justine Dupont trouxo unha completa expedición dende Nazaré ata a nosa comarca para disfrutar das nosas ondas.

Faino da man de Axi Muniain, xa coñecido como “the local big wave expert”, unha vez que leva moitos ans estudando as nosas correntes, e este inverno leva varios meses instalado en Ponteceso.

O vasco ten coincidido con Dupont en Nazaré, outro dos lugares máis famosos do mundo, e invitouna a facer esta sesión. Coa axuda de Xabi Lopez e Pablo García, disfrutan deste espectáculo natural.

Despois de 6 minutos de incidencias da viaxe, tortillas, e demais experiencias, comezan a lucir as ondas da Costa da Morte, con fermosas imaxesaéreas na zona da Barda (Ponteceso). “Complicado pero “cool” e divertido” recoñeceron os membros da expedición francesa, despois de sortear a Tremosa.

Pouco despois tamén aparece outro dos lugares fetiches do surf na comarca: Nemiña, que xa namorou a Mike Lay hai pouco.

Novas relacionadas

A "Tremosa" tamén encandila a Justin Dupont