Mércores. 12.08.2020
El tiempo

SANTA COMBA

O alcalde de Santa Comba confirma que segue habendo 20 positivos

Despois da reunión da comisión de seguemento, o alcalde de Santa Comba David Barbeira acaba de enviar un comunicado á veciñanza na que confirma que a pesar dos rumores, segue habendo só 20 casos positivos no termo municipal xalleiro, a meirande parte pasando o illamento na súa vivenda.

Sinalou tamén que outras 67 probas realizadas deron negativo.

O alcalde quixo dar esta nova e agradece a boa disposición de toda a veciñanza, e alerta de que veñen dúas novas duras semanas.

O alcalde de Santa Comba confirma que segue habendo 20 positivos