Venres. 19.04.2024
El tiempo

Santa Comba

O pleno do POS ratifica a falta de consenso en Santa Comba

Novo pleno tenso en Santa Comba, onde saíu a diante, in extremis, a proposta do POS+ que se ten que presentar este 4 de febreiro. A abstencións ao completo dos 6 edís do PSOE e dos 6 edís do PP permitiu que o alcalde, David Barbeira, sacara adiante a súa proposta de obras, por un total de 869.000€.
As obras máis importante sobras as obras de pavimentación de San Salvador (359.000€), varias remodelacións no camp de Fontenla (117.000€) e a pavimentación da estradade Outeiro e Boaño de Abaixo (263.000€).

Durante o pleno os 3 representantes dos partidos estiveron case unha hora falando e falando arredor da falta de consenso por parte da alcaldía. Moi duro foi o seu teórico socio de goberno, Ucha Velo, que ademais de lamentar que se anulasen varias reunións, criticou que se perdese unha subvención para posta en marcha a depuradora.

Barbeira recordou que convocou dúas reunións, pero que a unha non apareceu o voceiro do PSOE e á segunda non o fixera tampouco a do PP. Asegurou que intentou consensuar, e que mesmo lle pedira propostas aos dous grupos”, pero “como non asististes fago unha proposta coas obras que considero prioritarias”.
Si recoñeceu Barbeira que "se lle pasou" convocar a reunión anual arredor de Servizos Sociais, consciente de que hai moitas máis necesidades sociais que o Concello intentará ir abordando.

A partida social, proposta polas traballadoras sociais, propón: Axudas económicas de persoas concretas en risco (15.000€); axudas a familias en temas de dixitalización (10.000); servizo de axuda no fogar (62.000); reforzo para conciliación (94.000) e adquisición de
EPIS a profesionais para persoas con menos recursos (70.000). A proposta foi aprobada igualmente co voto a favor do alcalde e a abstención do resto de edís.

 

O pleno do POS ratifica a falta de consenso en Santa Comba