Venres. 26.04.2024
El tiempo

Santa Comba

Santa Comba aprobou un Orzamento cheo de obras retrasadas

Pleno importante o aprobado este pasado xoves no Concello de Santa Comba. Aprobouse o novo Orzamento de 2022 por valor de 9,2 millóns de euros cos votos a favor dos membros do equipo de goberno formado polo PP e os concelleiros non adscritos José Antonio Ucha e Cristina Fajín. A alcaldesa, a popular María Pose, manifestou no pleno que o grupo de goberno tenta nestas contas "equilibrar os ingresos cos gastos".

Chama a atención a partida destinada a obras pero ten unha explicación ben sinxela. Están sen acometer os traballos aprobados do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña dos anos 2020, 2021 e o actual exercicio, para os que é precisa unha aportación municipal. 

Será un ano pois de obras en case todas as parroquias de Santa Comba a consecuencia da desidia do anterior goberno municipal que nin sequera chegou a licitar as mencionadas obras pese a estar aprobadas. Son tres os plans pendentes, que afectan sobre todo a infraestruturas.

Unha boa parte dos Orzamentos destínanse ó gasto social para manter, e incluso mellorar, os servizos de comedor sobre rodas que beneficia a doce veciños, o de axuda no fogar con noventa usuarios e o de atención temperá que sufrirá unha ampliación de horario para incorporar novos casos.

Santa Comba acometerá tamén unha renovación do seu alumeado público. Existe un proxecto que recibe aportacións da Unión Europea para instalar luces LED. O gasto está estimado en 1 millón de euros, dos que 200.000 teñen que sair das arcas municipais.

En canto a partida de Persoal, a máis importante, aumenta pola suba dun 2% nos salarios estipulada por Lei, sen que aumentara a plantilla. A alcaldesa, María Pose, anunciou que xa ten contratado un estudio para aprobar a Relación de Postos de Traballo (RPT) coa que se culmine o proceso de consolidación de persoal que ela mesma iniciou no seu anterior mandato. 

Aumenta tamén a partida de gastos correntes pola suba da luz e dos carburantes, mentras que as subvencións para as asociacións municipais, que son catro máis que no pasado ano, non van sufrir variación.

Nos Orzamentos non aparece o proxecto valorado en 2,5 millóns de euros para convertir a vivenda comunitaria nunha residencia e centro de día, xa que se está a tramitar a petición de axudas a outras Administracións., principalmente á Xunta  
 

Santa Comba aprobou un Orzamento cheo de obras retrasadas