Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Santa Comba

Un pleno a medias aprobou o POS de Santa Comba

Convocaba o Concello de Santa Comba un pleno extraordinario de Urxencia para aprobar o Plan de Obras e Servizos POS+ da Deputación 2022.

Antes de comezar o voceiro do PSOE, Carlos Turnes, puxo de manifesto o seu “descontento” ante a falta de necesidade da “urxencia” do pleno, “tendo en conta que a proposta xa está lista dende hai 15 días”. Denunciou que o “goberno non contou con este grupo para participar na toma de decisións nin consensuar os contidos do Plan”, e que a “documentación achegada foi insuficiente”, lamentando que "se aprobe sen pasar por comisión".

Replicou a alcaldesa que a lei permite que os plenos de Urxencia se convoquen en 24 horas, antes de que os edís socialistas abandonasen o pleno.

O grupo de goberno traía unha proposta para emprega os 625.000 euros do Plan, para os que destinará 52.000€ a gastos correntes; 308.000€ a un proxecto para a mellora das beirarrúas na Avda. Brasil; ademais doutra partida de 236.000€, para melloras viais en Vilamaior, Alón de Abaixo e Vilar de Abaixo.

Tras unha hora de pleno de debate inerte entre as acusacións entre Barbeira (que acabou expulsado) e Ucha Velo e as aclaracións de María Pose, a votación do POS saíu aprobada cos votos a favor de todos os presentes menos a abstención de Ucha Velo.

Novas relacionadas

Un pleno a medias aprobou o POS de Santa Comba