Comisión de investigación
O punto máis importante foi a probación da creación dunha comisión de investigación, cos votos a favor de todos os edís menos a abstención de Barbeira. A proposta do goberno municipal trata de botar luz sobre un posible caso de acceso e filtración ilegal de documentación municipal. A corporación desconfía que haia unha persoa dentro do Concello que pode estar accedendo a documentación confidencial, suplantando identidades, e filtrando esa información antes de tempo coa intención de perxudicar ao goberno.
A comisión estará formada por 2 edís do PP, Fajín, Ucha Velo, David Barbeira e 1 edil do PSOE.
Outros puntos
Comezaron coa actualización da ordenanza reguladora do prezo público das actividades culturais, polo que se baixarán o prezo das actividades, gracias ao apoio do PP e abstención de PSOE e do ex alcalde David Barbeira.
Unha das importantes foi a moción aprobada de apoio á Vía Céltica. Ucha Velo presentaba unha enmenda para asegurar a fiscalización dos cartos aportados polas entidades, e propuxo a creación dun patronato composto polos concellos da contorna coa finalidade de obter e xestionar eses fondos públicos. Foi aprobada por unanimidade.
Houbo grandes discrepancias na posible declaración de BIC (Ben de Interese Cultural) da “Braña Calzada”, considerando por exemplo o PSOE que é un punto pertencente ao Concello de Zas. Esta moción socialista finalmente non se votou.
A que si se votou, cos votos a favor do PP, as dúas abstencións de Fajín e Ucha e os votos en contra de PSOE e Barbeira, a reprobación do Ministro de Consumo Alberto Garzón polas súas terxiversadas palabras sobre a gandeiría intensiva.