Venres. 19.04.2024
El tiempo

Santa Comba

Cando a arte e a música uníu á Costa da Morte (e Galicia) con Corea do Norte

Estes días os medios informativos fixeronse eco dun vídeo dun grupo musical de Corea do Norte cantando en galego a popular canción galega “Vai lavar a cara”. Ese vídeo foi publicado no Twitter de D. Alejandro Cao de Benos, un catalán, que se coñece como delegado especial do Comité de Relacións Culturais no Extranxeiro da República Democrática Popular de Corea do Norte.

A moita xente chamoulle a atención este vídeo, orixinalmente en formato VHS, e pregúntase de onde puideron saír uns artistas de Corea do norte interpretando pezas do cancioneiro popular tradicional galego. Pero todo ten unha sinxela explicación e moi ben documentada.

Tal vídeo foi gravado en Galicia nalgún dos concellos, entre eles dous da zona da Costa da Morte, Santa Comba e Muros, que participaban no exitoso festival musical da Romaría Internacional. O cartel dese ano ademais, dos dous concellos citados, completabano os concellos de A Estrada, Ponteareas, Xove, As Pontes, Lalín, Sada, Porto do Son, Vilalba, Brión, Vilanova, Lugo, Monforte e Melide. A inauguración foi na Estrada e a clausura en Santa Comba.

Cartel da Romaria Internacional de Galicia 1990
Cartel da Romaria Internacional de Galicia 1990

De feito, en diferentes secuencias do vídeo, na primeira fila con traxe gris identifícase perfectamente a D. José Manuel Arufe Rieiro, exalcalde de Santa Comba, e que chegou a exercer como presidente do Patronato da Romaría Internacional. Noutra secuencia tamén se identifica a D. Bernardo Valiño, alma mater do festival que el mesmo creou cando sendo concelleiro de Cultura do Concello de Culleredo, e durante unha viaxe a Portugal, viu actuar a un grupo folclórico e pensou que se podería levar a Galicia, e unindoo a outros formarse un espectáculo que xirase por varios concellos, como el mismo manifestaría en varios medios informativos.

Foi un dos festivais máis importantes da historia de Galicia, que naceu coa democracia, e que chegou o seu final no ano 2000, tras 21 anos de éxitos e congregando en todo o tour, que duraba uns dous meses, o redor de 150.000 persoas, unha media de 10.000 persoas por concello, o que da mostra do que significaba para os concellos aquel festival, como unhas festas patronais. E non solamente en Galicia, xa que nalgunhas edicións tamén chegaron a albergar os espectáculos poboacións de León e de Asturias.

Durante uns dous meses, aproximadamente, movilizabanse por distintas vilas un gran exército de artistas de diferentes países que, ademáis, estaban acompañados por postos de venta de productos alimenticios e artesanais de cada lugar. Era a auténtica festa do veran galego, con formacións de gran éxito internacional, que atraía a Galicia formacións de todo o mundo, sobre todo africanas, centroamericanas, asiáticas e dos países do Este, que nunca se viran en directo no rural galego.

Co paso dos anos, unha das prácticas que puxo en marcha a dirección do festival, foi adicar cada ano o festival a un país distinto, onde as formacións participantes remataban o festival cunha práctica que tempo despois utilizaría Gayoso no Luar, rematando os programas coa canción apaga o candíl. Non era outra que ver a formacións africanas, rusas, lituanas, moldavas, cubanas e incluso españolas doutras comunidades autónomas interpretar unha preza do cancioneiro popular galego para rematar o festival.

Polo tanto, o publicado por Alejandro Cao de Benos tanto só é unha secuencia extraía dunha antiga cinta de vídeo de VHS que se grabou nunha das sedes do festival. Pero con toda seguridade existen tantos vídeos e tantas interpretacións como sedes albergou o festival. Tamén con toda seguridade, existen gravacións nos arquivos da Televisión de Galicia, que se facía ecoo do espectáculo.

No caso que nos ocupa, sucedeu no ano 1990, cando o Festival da Romaría Internacional chegou a súa XI edición e se adicou a República Popular de Corea do Norte.

Segundo documentos da época que se conservan no Concello de Santa Comba, xunto con numerosos agasallos e recordatorios que se intercambiaban en diferentes actos protocolarios, incluso carteles de fotografía que lucen en diferentes instalacións municipais, para organizalo, incluso o mesmo Valiño, chegou a viaxar a Pyongyang, acompañado por un asesor de arte para seleccionar in situ as formacións que participarían, e que, deberían contar entre elas coa participación dun gran ballet. Incluso o delegado xeral da República Popular de Corea en París, Mr. Pick, e o primeiro secretario R. Deuk Seun comunicaban que polo Ministro de Cultura Coreano estábase preparando unha ampla mostra en Pyongyang para que a delegación galega poidera facer unha boa selección de artistas. Tamén trascendía que na delegación de Valiño, viaxaba Diego Cruz, profesor da Universidade Complutense, para establecer contactos científicos.

Non era unha viaxe calquera, porque según consta na documentación, Corea do Norte era o único país do mundo co que España non mantiña relacións diplomáticas de ningún tipo e iba a ser a primeira ocasión en que unha mostra cultural da República Popular de Corea visitaba España, e máis concretamente o rural de Galicia, o que a dotaba de especial relevancia, no so nacional, senón tamén internacional.

Finalmente a participación veu da man do ballet, orquestra, voces e unha troupe de circo do Teatro Nacional de Pyongyang que contaba cunha merecida fama por medio de premios internacionais. Artesans e cociñeiros completaron a delegación coreana da representación artística deste país asiático, integrada por unha comitiva de 117 persoas, que estivo encabezada por M. Kim Jim Bom, vicepresidente do Comité para as relacións culturais co estranxeiro.

Nese mesmo ano tamén participaron formacións de México e da Unión Soviética, e o programa foi o seguinte:

  • Primeiro día do festival: Grupo de música e voces do teatro nacional de Pyongyang e un grupo folclórico galego distinto en cada localidade.
  • Segundo día do festival: Ballet do Teatro Nacional de Pyongyang, Ballet Siverki de Arkhangelsk (URSS), , X Compañía Nacional de danza de México e Troupe do Circo Nacional de Pyongyang.
  • Stands de mostras con representacións culturais de artesanías, cultura e gastronomía da Repíblica Popular de Corea, México, URSS-Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, Portugal, Paraguay e Galicia.

Na cerimonia de clausura, no caso de Santa Comba houbo unha mención especial a colaboración prestada polo grupo Etnográfico de Vila Praia de Ancora (Portugal), da man de Xosé Augusto Brito Moreira e a Comunidade de Extremadura, e máis concretamente a localidade de Almendralejo (Badaxoz) da man de Alicia Rubiales pola colaboración prestada.

Cando a arte e a música uníu á Costa da Morte (e Galicia) con Corea do Norte