Sábado. 28.05.2022
El tiempo

Vimianzo

“Vimianzo, a pé de ti”, a campaña vimiancesa en Fitur

A de Vimianzo é das apostas máis grandes da Costa da Morte no Fitur é a do Concello de Vimianzo. "Vimianzo a péde ti" pretende poñer en valor as potencialidades do municipio a través das diversas rutas de sendeirismo e recunchos de todas as súas parroquias para ser coñecidos camiñando.

Un proxecto con moito traballo de investigación, preservación e posta en valor por detrás, e que se visibiliza con este fermoso vídeo, pero sobre todo calzando as zapatillas e aproveitando guías  xeolocalizadas realizadas polo departamento de Turismo.

A rexedora proseguía o seu discurso facendo fincapé en que “Vimianzo é o municipio de entrada á Costa da Morte. E como esa porta, queremos amosar a nosa mellor cara”, enfatizaba. Imaxes das igrexas, do Vieiro Fidalgo, do Encoro da Fervenza, dos dolmens, da Ruta dos Petróglifos, do coído de Sabadelle, da ruta dos Muíños... e dun sinfín de recunchos a alcaldesa convidaba “a todas as persoas que así o desexen a deixarse embelesar pola beleza de lugares tan marabillosos como os que aquí vemos, e moitos máis que é imposible de recompilar nun minuto e medio de imaxes”, dicía.

 

Vimianzo en FiturMonica Rodriguez en Fitur

“Vimianzo, a pé de ti”, a campaña vimiancesa en Fitur