Venres. 19.04.2024
El tiempo

Zas

O IES de Baio promove con premio a doazón usando a IA

Nova demostración de creatividade do alumnado de FP Básica do IES Maximino Romero de Lema. Mar, Sheila, Omar, Fabián e Leo e os profesores Óscar e Fina recibiron este luns 7 de xuño en Santiago o 1º Premio no IX Concurso de curtametraxes relacionadas coa doazón e transplantes de órgano.
Trátase unha iniciativa da Consellería de Sanidade para fomentar e concienciar da importancia da doazón e transplantes de órganos e texidos.

O premio consistiu nunha tarxeta regalo de 1000€ para o Centro Educativo para a compra de material escolar, unha tablet para o profesorado e unha tarxeta regalo de 200€ para cada alumno participante.

O vídeo pon en valor a doazón facendo unha orixinal entrevista a varias históric@s galeg@s facendo uso da Intelixencia Artificial.

Familia do IES de Baio nos Premios
Familia do IES de Baio nos Premios
Oscar e Fina do IES de Baio
Oscar e Fina do IES de Baio
O IES de Baio promove con premio a doazón usando a IA