Xuño deixa 500 parados menos na Costa da Morte
08:15 05/07/17
O desemprego diminiu en todos os sectores económicos durante o mes de xuño. Imaxe: Lires
A tempada estival trae consigo un adelgazamento da cola do paro tanto na Costa da Morte como no conxunto do territorio nacional. Así, o mes de xuño pechou no conxunto español un total de 3.362.811 persoas desempregadas e 18.433.107 cotizantes. En total, xuño trouxolle traballo a 98.317 persoas - unha cifra que non deixa de ser boa ainda que é inferior á do mesmo mes do ano pasado -. Así se desprende dos datos publicados onte polo ministerio de Emprego relativos ao mes de xuño.
O número de desempregados na bisbarra sitúase en 8.378 persoas; o que supón 496 parados menos que o mes anterior. Por concellos, o de Carballo foi o que rexistrou un maior número de altas novas, xa que en xuño incorporou ao mercado laboral 131 novas persoas. Séguelle o de Cee, con 48 novas altas á Seguridade Social. No lado oposto está o concello de Corcubión, que foi o único da bisbarra que sumou novas persoas á lista de desempregados, concretamente dúas.
Datos da comunidade
Galicia pecha xuño con 189.665 persoas no paro. En canto ás provincias, Pontevedra lidera a baixada con respecto a xuño de 2016 (-9,29%), seguida da Coruña (-8,83%), Lugo (-6,86%) e Ourense (-6,09%) e, sobre os sectores de actividade, o desemprego diminuíu en todos eles, liderando o descenso a construción nun -20,12%, seguido da industria cun -11,80% e da agricultura e pesca cun -9,17%.
Novas relacionadas
- O paro baixa en case 430 persoas en marzo
- O paro baixa en febreiro
- O paro sobe en xaneiro tras finalizar a campaña de Nadal
- O paro sobe en outubro na Costa da Morte
- O paro medra na bisbarra tras o remate da tempada estival
- Xullo remata con case 700 parados menos na Costa da Morte
- O paro baixa en 600 persoas na Costa da Morte durante o mes de xuño
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Ministerio de Emprego