Mércores. 08.05.2024
El tiempo

17 persoas aprenden a profesión de redeira en Malpica

17 persoas aprenden a profesión de redeira en Malpica
Curso profesional de redeiras en Malpica 2 En marcha o novo Curso profesional de redeiras en Malpica

Mentres as bravas rede-artesás da Illa de Estrela de Corme pasaban a fin de semana no Festival da Luz coas súas xoias, e a presidenta das do Fieital marcha a Valencia para ter unha xuntanza coa Generalitat, por Malpica, a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao xa ten en marcha o novo curso de confección e mantemento de aparellos de artes menores. Foron 17 as persoas, case todas mulleres, as que comezaron a formarse dende onte na materia.

O curso estará impartido pola redeira profesional, a cormelá Rosa Rodríguez Vidal e desenvólvese en xornada de tarde de 15.00 horas a 20.00 horas. Cunha duración de 60 horas, a actividade formativa rematará o 26 de setembro.

A cormela Rosa imparte o curso de redeiras en Malpica A cormelá Rosa imparte o curso de redeiras en Malpica

Esta acción posibilita que os participantes sumen 60 horas de formación sendo necesarias un total de 300 horas para que poidan optar ao exame de capacitación para a obtención do certificado de profesionalidade de redeira, esencial para poder traballar como profesional.

O de confección e mantemento de aparellos de artes menores está financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e ten entre os seus obxectivos, avanzar na cualificación profesional das redeiras e na profesionalización do sector, favorecer a inclusión social dun colectivo con baixa formación académica pero ilusionado por activarse no eido laboral, promover o empoderamento das mulleres do sector primario galego e visibilizar o asociacionismo como unha ferramenta para avanzar en igualdade.

Para a presidenta da Federación Galega de Redeiras Artesás, “accións formativas deste tipo permiten avanzar na profesionalización do sector ao tempo que favorece o relevo xeracional e a transmisión desta profesión, eminentemente artesanal”.

Novas sobre as redeiras

Fonte

Comentarios