20 empresas arrincan co C3, o selo de calidade propio de Carballo


Interesante a idea do Concello de Caballo a conta co seu propio selo de calidade turística: a marca Carballo Compromiso Calidade, ou C3, polas tres ‘ces’ que avalan a creación dunha rede de establecementos hostaleiros que destaca pola súa calidade nos servizos turísticos, polas súas melloras nas pautas de atención ao cliente ou por contribuír a mellorar a percepción de Carballo como destino turístico de calidade.
Son 20 empresas as que participaron nun proceso de validación para acadar este selo que tamén pretende dinamizar esta rede de establecementos turísticos. Estas pasaron por un proceso de varias fases, no que recibiron visitas de clientes anónimos para poder recibir unha avaliación obxectiva do servizo, no que se crearon manuais de boas prácticas para todos os establecementos, ou no que se comprobou que cada un dos participantes cumpría os requirimentos de calidade necesarios para ser unha empresa C3. Moitos dos negocios melloraron tanto as súas instalacións e equipamentos
O obxectivo foi o de crear un distintivo de calidade turística que ofreza unha "diferenciación" dos servizos turísticos e hostaleiros ofrecidos en Carballo respecto doutros "competidores directos da zona", por exemplo, en toda a Costa da Morte.
A listaxe de empresas participantes que xa ten o distintivo C3 é a seguinte.- HOTEIS:
- Hotel Balneario Carballo
- Hotel Rural Mar de Queo
- Hotel Punta del Este
- TURISMO RURAL:
- As Maroas Turismo Rural
- Casa da Chavella Turismo Rural
- Casa Entremuros Turismo Rural
- Pazo do Souto
- OCIO ACTIVO:
- Art Surf Camp
- Raz Surf Camp
- RESTAURANTES:
- A Cabaña
- Cima
- Oasis
- Pementa Rosa
- Río Sil
- BARES / CAFETARÍAS:
- Abastos
- A Cova
- Ágora
- Cafetaría Pazo da Cultura
- Cervexaría A Bombonera
- Taberna O Mexillón
Fonte
- Concello de Carballo.